domingo, 21 de marzo de 2010

21 DE MARZO

Día da poesía, día da árbore,...
O alumnado do noso centro, ademais de participar no recital de poesía, elaborou uns traballos sobre as árbores que aquí vos presentamos. Tamén imos celebrar este día plantando árbores na Área Recreativa de A VEIGA. En principio ía ser o día 25, data de remate deste trimestre, pero como o tempo non está moi bon, posiblemente vaiamos á volta das vacacións, o día 9 de abril. Xa vos contaremos...

No hay comentarios:

Publicar un comentario