viernes, 23 de abril de 2010

E CHEGOU O DÍA...

Sí, chegou o "DÍA DO LIBRO", e con el dúas actividades ao noso centro:

1.-Tivemos a sorte de contar con MIGUEL, BLANCA, JAVI e REBECA, que viñeron á nosa Biblioteca para contarlles un conto ao alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria. Son do Centro de Formación da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG).
O conto titulábase "NON QUERO VERTE MAIS!", Miguel e Blanca, que son xordos, nolo contaron na súa linguaxe de signos, e mentres Javi e Rebeca, íanos interpretaban os xestos en palabras.
Logo vimos un vídeo, titulado " O SOÑO DE PEDRO".
Foi unha experiencia moi bonita: daba gusto ver como todos os nenos e nenas, mais grandes e mais pequenos, atenderon ao conto e como ao saír todos dicían que lles encantara!
Posiblemente sexa unha actividade que repetiremos en próximos cursos. Aquí tedes unhas fotos:

2.- Entrega de diplomas e agasallos ao alumnado que participou durante o segundo trimestre no concurso "CON LIBROUCHO APRENDEMOS".
Rematou o concurso, e os nenos e nenas participantes foron entregando os seus traballos... O xurado decidiu cales eran os mellores traballos de todos. Foi un pouco difícil, porque todos/as traballaron moito. Aquí tedes a foto recordo do acto:

Noraboa a todos e todas!!

PARA QUE LES?

Áquí tedes unha presentación cos traballos que por clases fixeron os nosos alumnos.





E aquí o documento creado polo CEIP Milladoiro de Malpica con respostas de xente, coñecida e non tanto, á pregunta Para que les?

jueves, 22 de abril de 2010

LEER.ES

Presentámosvos aquí unha páxina creada polo Ministerio de Educación y Ciencia: leer.es

Animádevos a visitala, porque nela podedes atopar de todo: ten páxinas específicas para familias e profes: videos, ideas para facer bos lectores, xogos,..., e moitas outras cousas que deberedes descubrir. A ver se vos gusta.

miércoles, 21 de abril de 2010

LETRAS, LETRAS, LETRAS,...

Xa sabemos que serven para escribir e contar moitas cousas,... aquí tedes outra aplicación mais. Coñecémolo dende O RECANTO DE MIK

ENLACES LIM

Dende o CEIP FRIAN - TEIS de VIGO, chégannos estes xogos LIM con actividades sobre a flora e fauna do CAUREL. Están baseados nun conto de UXÍO NOVONEYRA que se titula: " Ilda, o corzo, o lobo e o xabarín". O primeiro, nolo recomendan para EI e 1º ciclo de EP; o segundo para o 2º e 3º ciclo de EP. Animo!!


martes, 20 de abril de 2010

Esta é a gran pregunta...e ante grandes preguntas, grandes respostas...
Mentres agardamos a que todo o alumnado do centro participe, deixovos para que leades as respostas que nos chegaron desde o Concello, logo de que solicitásemos a súa colaboración...

( Se queredes ver os documentos a maior tamaño, só tedes que clickar enriba deles)

miércoles, 14 de abril de 2010

ABRIL: MES DOS LIBROS...

Xa estamos chegando á metade deste mes tan "libreiro". No noso centro, estamos moi atarefados organizando unha exposición para o Día do Libro. Hai unha actividade, chamada Para que les?, na que participan moitas das Bibliotecas Escolares Galegas, e nós, por suposto, tamén. A actividade surxiu a partires do blog de Implicadas no Desenvolvemento.
De momento, temos repartidas polas paredes do colexio, moitas das respostas que diron a esta pregunta, xente coñecida, e non tan coñecida, para que as poidamos ler.


Despois, en cada aula, alumnado e profesorado elaborarán as súas propias respostas, para completar así a exposición.
Desde aquí queremos agradecer a todas as persoas que traballan nas BIBES (Bibliotecas Escolares Galegas) as súas aportacións, e todos os seus traballos. Por certo, para que poidades ver moitos dos traballos que realizan, na barra da dereita, tedes un enlace que vos pode levar a visitar os blogues das Bibliotecas dos Centros de Primaria.

martes, 13 de abril de 2010

UXÍO NOVONEIRA

O Día das Letras Galegas, deste ano 2010, está adicado ó poeta UXÍO NOVONEIRA. Para que vaiades coñecendo algunhas cousiñas da súa vida e da súa obra, aquí vos deixamos un enlace a unha WEBQUEST que elaboraron no CEIP de ANDRADE. Desde aquí a nosa felicitación por este traballo.

E ademais, este enlace da coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística con moita información sobre este escritor

lunes, 12 de abril de 2010

RECURSOS E CARTEIS...

Dende a Biblioteca Mestres Goldar, cheganos unha recompilación de recursos para o día do libro. Botádelles un vistazo, porque hai cousas moi interesantes...
Aproveitamos para que poidades admirar estes fermosos carteis. O primeiro, para conmemorar o  Día internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2/4/2010) editado por a IBBY (International Board on Books for young people), e o  segundo, para o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor (23/4/2010). Se queredes saber máis sobre estes carteis, pinchade nos enlaces.

jueves, 8 de abril de 2010

DÍA DA ÁRBORE

Estaba organizado para o día 26 de marzo, pero por motivos climatolóxicos, tivemos que deixalo para mañá. Imos ir todo o colexio á AREA RECREATIVA "A VEIGA", para plantar árbores. Ademais, os alumnos/as de 6º curso, lerán unha poesía de Manuel Curros Enríquez, que se titula " A PRIMAVEIRA". Aquí tedes o inicio...

"Ahí vén o tempo de mazar o liño,

ahí vén o tempo do liño mazar,

ahí vén o tempo , rapazas do Miño,

ahí vén o tempo de se espreguizar."

Tan pronto nos sexa posible, vos daremos mais detalles da nosa saída.

martes, 6 de abril de 2010

REMATA O CONCURSO DE LIBROUCHO!!

Durante todo o 2º trimestre, Libroucho nos foi presentando algunhas Normas Ortográficas do Galego. Agora toca rematar o concurso, no que tivemos moitos participantes...

" O CONCURSO ESTÁ A FINALIZAR,
PERO ALGO TEREMOS QUE REPASAR..."

En todos os ordenadores do noso centro, hai un programa de JCLIC que se titula "CONCURSO ORTOGRAFÍA". Tedes que facelo e despois pedirlle ó/á voso mestre que vos cuñe a folla de rexistro. Logo, entregádea na Biblioteca e ...

 "UN AGASALLO TERÁS,
SE O TEU TRABALLO BEN FAS"