miércoles, 14 de abril de 2010

ABRIL: MES DOS LIBROS...

Xa estamos chegando á metade deste mes tan "libreiro". No noso centro, estamos moi atarefados organizando unha exposición para o Día do Libro. Hai unha actividade, chamada Para que les?, na que participan moitas das Bibliotecas Escolares Galegas, e nós, por suposto, tamén. A actividade surxiu a partires do blog de Implicadas no Desenvolvemento.
De momento, temos repartidas polas paredes do colexio, moitas das respostas que diron a esta pregunta, xente coñecida, e non tan coñecida, para que as poidamos ler.


Despois, en cada aula, alumnado e profesorado elaborarán as súas propias respostas, para completar así a exposición.
Desde aquí queremos agradecer a todas as persoas que traballan nas BIBES (Bibliotecas Escolares Galegas) as súas aportacións, e todos os seus traballos. Por certo, para que poidades ver moitos dos traballos que realizan, na barra da dereita, tedes un enlace que vos pode levar a visitar os blogues das Bibliotecas dos Centros de Primaria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario