viernes, 29 de enero de 2010

DÍA DA PAZ 2010

Mañá, venres día 29, realizaremos os actos adicados ao DÍA DA PAZ.
Este ano, como en anos anteriores, colaboraremos coa ONG "Save the children", participando nunha carreira, que leva por título "Kilómetros de Solidaridad". O seu fin é recaudar diñeiro para axudar a mellorar a vida de nenos de Costa de Marfil, que sofren as consecuencias dun conflicto armado, sen acceso á sanidade primaria, á educación, e sumidos na pobreza extrema.
Ademais, na entrada do colexio, fomos, durante esta semana, colocando os traballos que se fixeron nas clases sobre as desigualdades no mundo, e que se centraron en catro temas, un para cada ciclo:

- Educación Infantil: a auga.

- Educación Primaria:
                - 1º ciclo: a escola.

                - 2º ciclo: a vivenda- o consumo.

                - 3º ciclo: a alimentación.
              

lunes, 25 de enero de 2010

CONCURSO: CON LIBROUCHO APRENDEMOS.NORMA Nº 1

(Se queres saber mais sobre este concurso, busca na barra da dereita, e atoparás as normas xerais e cada unha das normas que vaian saíndo)

jueves, 21 de enero de 2010

CANCIÓNS PARA A PAZ

Dende O SEGREL DO PENEDO, achegamos esta lista de cancións para a PAZ.

martes, 19 de enero de 2010

2010 ANO DO LIBRO E A LECTURA

Artigo do escritor XOSÉ NEIRA VILAS, publicado o 17 de xaneiro no diario EL CORREO GALLEGO:
A Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia designou o 2010 como Ano do Libro e da Lectura. Loable iniciativa. Todo o que se faga para promocionar ese vehículo insubstituíble de cultura será sempre ben acollido. As feiras, as exposicións bibliográficas, os clubes de lectores, as presentacións, os programas de radio e televisión sobre o libro todo será beneficioso para todos. O arxentino José Ingenieros dixo que sempre estaba inclinado a pensar ben da persoa que ten o hábito de ler. E xa coñecemos o aforismo clásico de que u­nha casa sen libros é coma un corpo sen alma. Certo. Pola casa hai que empezar, iniciando os nenos e as nenas dende pequeniños a familiarizarse co libro, máis alá da obriga escolar. Crear un recanto no fogar, ata cun sinxelo moble, para ir poñendo nel cada libriño que apareza, destinado á súa idade.


Debe existir unha biblioteca en cada fogar, en cada asociación de veciños, en cada hotel, en cada tren, en cada autobús de longo recorrido, en cada centro de traballo. O libro, ese amigo que sempre nos agarda, ha de acompañarnos en cada momento e lugar.

Persoalmente amo os libros talvez porque carecín deles ata os vinte anos, idade na que crucei o Atlántico, en boa medida para telos. E logrei o que arelaba. En Bos Aires merquei moitos, e linos, editeinos, distribuínos, escribinos. O mesmo fixen anos despois en Cuba. E en Galicia, a partir de 1992. Vivo na aldea onde nacín. Xa non hai as carencias de 60 anos atrás, pero ademais, na casa en que vin ó mundo hai agora unha biblioteca pública que conta con case nove mil títulos. Tras tantos anos e tantas voltas mundo adiante talvez sexa a compensación da precariedade daqueles tempos. Apoiamos o Ano do Libro e da Lectura en xeral, e en particular, por lexítimo orgullo e dignidade, o libro e a lectura en galego. Cómpre traballar nisto con fervor. E multiplicar iniciativas para que se cumpra cabalmente este propósito.


miércoles, 13 de enero de 2010



Achégase o DÍA DA PAZ, por iso andamos á busca e captura de actividades, cancións, poesías, para traballar no colexio...
Hai moita xente buscando e recompilando materiais...
Desde o Mestres Goldar de Vigo, no seu RECANTO DE MIK, poñen ó noso alcance un montón de recursos para empregar nas aulas. Botádelles un vistazo.

lunes, 11 de enero de 2010

VOLVENDO DAS VACACIÓNS...

Ola a tod@s!!
Xa estamos aquí de volta, e para empezar, fixádevos que entre os nosos seguidores atópase o CEIP San Martiño de Igrexa- Salcedo. Pontevedra.
Desde aquí, lles damos a benvida e aproveitamos para animarvos a que visitedes o seu blog, no que entre moitas cousas atopamos este enlace por se queredes ver un conto en vídeo. Pinchade no título e... a disfrutar.






CONCURSO: "CON LIBROUCHO APRENDEMOS"

Neste segundo trimestre do curso, arranca un concurso plantexado polo DEPARTAMENTO DE DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA do noso centro e no que eu,o MOUCHO LIBROUCHO colaboro.

Se queredes saber mais sobre as normas deste concurso, premede aquí.