Áquí tedes unha presentación cos traballos que por clases fixeron os nosos alumnos.
E aquí o documento creado polo CEIP Milladoiro de Malpica con respostas de xente, coñecida e non tanto, á pregunta Para que les?
viernes, 23 de abril de 2010
jueves, 22 de abril de 2010
LEER.ES
Presentámosvos aquí unha páxina creada polo Ministerio de Educación y Ciencia: leer.es
Animádevos a visitala, porque nela podedes atopar de todo: ten páxinas específicas para familias e profes: videos, ideas para facer bos lectores, xogos,..., e moitas outras cousas que deberedes descubrir. A ver se vos gusta.
miércoles, 21 de abril de 2010
LETRAS, LETRAS, LETRAS,...
Xa sabemos que serven para escribir e contar moitas cousas,... aquí tedes outra aplicación mais. Coñecémolo dende O RECANTO DE MIK
ENLACES LIM
Dende o CEIP FRIAN - TEIS de VIGO, chégannos estes xogos LIM con actividades sobre a flora e fauna do CAUREL. Están baseados nun conto de UXÍO NOVONEYRA que se titula: " Ilda, o corzo, o lobo e o xabarín". O primeiro, nolo recomendan para EI e 1º ciclo de EP; o segundo para o 2º e 3º ciclo de EP. Animo!!
martes, 20 de abril de 2010
Esta é a gran pregunta...e ante grandes preguntas, grandes respostas...
Mentres agardamos a que todo o alumnado do centro participe, deixovos para que leades as respostas que nos chegaron desde o Concello, logo de que solicitásemos a súa colaboración...
( Se queredes ver os documentos a maior tamaño, só tedes que clickar enriba deles)
miércoles, 14 de abril de 2010
ABRIL: MES DOS LIBROS...
Xa estamos chegando á metade deste mes tan "libreiro". No noso centro, estamos moi atarefados organizando unha exposición para o Día do Libro. Hai unha actividade, chamada Para que les?, na que participan moitas das Bibliotecas Escolares Galegas, e nós, por suposto, tamén. A actividade surxiu a partires do blog de Implicadas no Desenvolvemento.
De momento, temos repartidas polas paredes do colexio, moitas das respostas que diron a esta pregunta, xente coñecida, e non tan coñecida, para que as poidamos ler.
Despois, en cada aula, alumnado e profesorado elaborarán as súas propias respostas, para completar así a exposición.
Desde aquí queremos agradecer a todas as persoas que traballan nas BIBES (Bibliotecas Escolares Galegas) as súas aportacións, e todos os seus traballos. Por certo, para que poidades ver moitos dos traballos que realizan, na barra da dereita, tedes un enlace que vos pode levar a visitar os blogues das Bibliotecas dos Centros de Primaria.
martes, 13 de abril de 2010
UXÍO NOVONEIRA
O Día das Letras Galegas, deste ano 2010, está adicado ó poeta UXÍO NOVONEIRA. Para que vaiades coñecendo algunhas cousiñas da súa vida e da súa obra, aquí vos deixamos un enlace a unha WEBQUEST que elaboraron no CEIP de ANDRADE. Desde aquí a nosa felicitación por este traballo.
E ademais, este enlace da coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística con moita información sobre este escritor
E ademais, este enlace da coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística con moita información sobre este escritor
lunes, 12 de abril de 2010
RECURSOS E CARTEIS...
Dende a Biblioteca Mestres Goldar, cheganos unha recompilación de recursos para o día do libro. Botádelles un vistazo, porque hai cousas moi interesantes...
Aproveitamos para que poidades admirar estes fermosos carteis. O primeiro, para conmemorar o Día internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2/4/2010) editado por a IBBY (International Board on Books for young people), e o segundo, para o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor (23/4/2010). Se queredes saber máis sobre estes carteis, pinchade nos enlaces.
jueves, 8 de abril de 2010
DÍA DA ÁRBORE
Estaba organizado para o día 26 de marzo, pero por motivos climatolóxicos, tivemos que deixalo para mañá. Imos ir todo o colexio á AREA RECREATIVA "A VEIGA", para plantar árbores. Ademais, os alumnos/as de 6º curso, lerán unha poesía de Manuel Curros Enríquez, que se titula " A PRIMAVEIRA". Aquí tedes o inicio...
Tan pronto nos sexa posible, vos daremos mais detalles da nosa saída.
"Ahí vén o tempo de mazar o liño,
ahí vén o tempo do liño mazar,
ahí vén o tempo , rapazas do Miño,
ahí vén o tempo de se espreguizar."
martes, 6 de abril de 2010
REMATA O CONCURSO DE LIBROUCHO!!
Durante todo o 2º trimestre, Libroucho nos foi presentando algunhas Normas Ortográficas do Galego. Agora toca rematar o concurso, no que tivemos moitos participantes...
" O CONCURSO ESTÁ A FINALIZAR,
PERO ALGO TEREMOS QUE REPASAR..."
En todos os ordenadores do noso centro, hai un programa de JCLIC que se titula "CONCURSO ORTOGRAFÍA". Tedes que facelo e despois pedirlle ó/á voso mestre que vos cuñe a folla de rexistro. Logo, entregádea na Biblioteca e ...
"UN AGASALLO TERÁS,
SE O TEU TRABALLO BEN FAS"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)