domingo, 14 de octubre de 2012

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Estamos en OUTUBRO... e como xa indicamos noutra entrada anterior, este é o mes da BIBLIOTECA, e nós para celebralo decidimos adicar a semana do 22 ao 26, aos:

APADRIÑAMENTOS LECTORES
(que tanto desfrutamos o curso pasado...).

Este é o programa:

Luns 22:
Alumnado de 4º EP conta contos ao  alumnado de 2º de EP

Martes 23:
Alumnado do 6º de  EP, conta contos ao alumnado de 6º de EI

Mércores 24: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Xoves 25:
Alumnado do 5º de EP, conta contos ao alumnado de 5º de EI

Venres 26:
Alumnado de 3º de EP conta contos ao alumnado de 1º de EP

(Iremos publicando as correspondentes reportaxes gráficas)

jueves, 11 de octubre de 2012

A ÁRBORE DA LINGUA

Neste curso que comezamos, queremos seguir co proxecto que sobre a reciclaxe iniciamos o curso pasado. Entre as actividades a levar a cabo, destacamos unha para este OUTONO que empeza:
Decorar a árbore que temos na entrada do colexio con follas feitas con papel de xornal. Cada alumno de Primaria elaborou a súa folla, e nela escribiu a súa PALABRA FAVORITA EN GALEGO.
Queredes ver como quedou?


O alumnado de Educación Infantil ocupouse de adornar a paisaxe: osos, esquíos, caracois,... e moitos cogomelos!!

Aquí vos deixamos unhas fotos para que poidades ver os detalles:

lunes, 1 de octubre de 2012

OUTUBRO: MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Este é o cartel que neste curso 2012/13 editou a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitariapara celebrar o mes da Biblioteca Escolar (outubro) e o Día da Biblioteca (24 de outubro), e que chegou ao noso centro fai uns días.
O seu lema é: Biblioteca Escolar, acelerador de innovación, e a súa ilustración é do creador galego ANDRÉS MEIXIDE.