lunes, 11 de marzo de 2013

XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

Os días 7 e 8 de marzo, celebráronse en Santiago os ENCONTROS DO PLAN DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2012/2013. Reunímonos alí os responsables dos 504 centros que forman parte deste Programa.
No noso caso, só acudimos aos Encontros o día 8, xa que pertencemos ao PLAMBE dende o curso 2008/09.


Resumido, este foi o programa que tivemos :

Pola maña, primeiro, escoitamos a JOSEP MANUEL PÉREZ TORNEIRO Catedrático de Xornalismo e Ciencias da Comunicación da Universidade Autónoma de Barcelona.
Logo, tivemos a ocasión de asistir a unhas "mesas de experiencias" nas que diferentes docentes explicaron algunhas das actividades que levan a cabo nos seus centros. Así puidemos escoitar a Susana Seoane de CEIP Os Muiños de Muxía, e a Margarita Olivar do IES de Ames, que nos mostraron como traballan nos seus centros, sen libros de texto, elaborando proxectos.


Xa, pola tarde, tivemos  reunións por zonas: reunímonos todos/as as responsables de Bibliotecas Escolares de Ferrolterra (dende Pontedeume, ata Ortigueira). 

E, como remate aos encontros puidemos desfrutar dunha conferencia que, co título: " A construcción do lector" nos ofreceu  AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ.


(fotos: Emilio Roca, IES Pedra da Aguia)

No hay comentarios:

Publicar un comentario