No noso colexio, imos celebralo coa organización dunha actividade que xa levamos a cabo noutras ocasións e que resulta enriquecedora para todos/as:
"APADRIÑAMENTOS LECTORES"
Nesta ocasión, aproveitaremos a HORA de LER dos días 22, 23, 24 e 25 de abril e se o tempo o permite, levaremos a cabo a actividade no exterior (patio de Ed. Infantil,
patio diante da aula de psicomotricidade,…).
DESENROLO DA ACTIVIDADE:
Cada alumno/a dos cursos dos maiores encárgase de
contarlles/lerlles un conto a un/dous ou tres alumnos dos pequenos. O reparto
do alumnado é tarefa do titor/a dos maiores (tendo en conta o número de alumnos
asigna a cada padriño o/os seus afillados).
Luns, 22 de abril:
Alumnado de 6º EP (15) contan os contos a 1º e
2º EP (41)
Martes, 23 de abril:
Alumnado de 4º EP (19) contan os contos 5º EI (24 alumnos/as)
Mércores, 24 de abril:
Alumnado de 3º EP (9) contan os contos a 6º EI (23 alumnos/as)
Xoves, 25 de abril:
Alumnado de 5º EP (17) contan os contos a 4ºEI (25 alumnos/as).
No hay comentarios:
Publicar un comentario