miércoles, 2 de abril de 2014

ANTÓN FRAGA NO NOSO COLE

Como xa informábamos na entrada anterior, hoxe, Día do Libro Infantil e Xuvenil, esperábamos a visita de ANTÓN FRAGA. 
Veu sobre as dez e media da mañá, e estivo ata cerca das doce co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.


Ademais de falar sobre os eu traballo, e especialmente das súas obras; "O CASTAÑEIRO DE ABRIL" e "XILDAS", contestou ás preguntas que lle fixeron os alumnos e alumnas. Tamén asinou os exemplares das súas obras que tiñan os nenos.
Por certo, o alumnado deses cursos elaborou un mural sobre o libro de Antón Fraga que recibiu o premio XERAIS: "O CASTAÑEIRO DE ABRIL". A quí o podedes ver:


E, antes de marchar, agasallounos cunha dedicatoria de agradecemento:

No hay comentarios:

Publicar un comentario