miércoles, 1 de abril de 2015

ABRIL: MES DOS LIBROS

 No mes de ABRIL, temos un día importante que celebrar:

Para festexar esta data, no noso colexio, durante todo o mes organizamos diferentes actividades. Aquí vos contamos cales temos plantexadas:
- Semana do 13 ao 17: APADRIÑAMENTOS LECTORES: O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria serán os padriños e madriñas do alumnado dos demais cursos. Se o tempo o permite poderemos levar a cabo esta actividade fóra...




- Día 22 de abril: Visitaranos o ilustrador JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO. Estará co alumnado de 1º e 2º ciclo de Primaria, que leron algúns dos seus libros:
- "A PEDRA E AS FORMIGAS"
- "MIL COUSAS PODEN PASAR" LIBRO I
- "MIL COUSAS PODEN PASAR" LIBRO II







- Día 23 de abril: Visitaranos a escritora e investigadora CRISTINA JUSTO SUÁREZ, que terá unha sesión de CONTACONTOS co alumnado de Educación Infantil, e nos presentará unha das súas obras:
"O SEGREDO DE FLORA"



En próximas entradas vos iremos contando...

No hay comentarios:

Publicar un comentario