miércoles, 22 de abril de 2015

VISITA DE JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

Hoxe, despois da hora de ler, os alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria, baixamos á entrada do colexio. Alí nos estaba esperando JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO, escritor e ilustrador que veu pasar un rato con nós.
Falounos do seu traballo, dos seus libros,...  e contestou a todas as preguntas que lle fomos facendo.
Ademais, en vivo e en directo, debuxou algúns dos seus personaxes. 
Ao remate da súa visita, asinou os libros que os nenos e nenas trouxeron...
Aquí vos deixamos as fotos:
E aquí os debuxos cos que nos agasallou:

Como os alumnos e alumnas de 4º, foron os últimos aos que lles firmou os libros, aproveitaron para sacar unha foto con el:


No hay comentarios:

Publicar un comentario