miércoles, 20 de mayo de 2015

XORNADA DE CONVIVENCIA

Hoxe, no noso colexio tivemos invitados. Ás dez da mañá, chegaron dous autobuses cargadiños de nenos e nenas: todo o alumnado do CEIP SANTIAGO APÓSTOLO de Franza, Mugardos, xunto cos sus profes. 
Ao longo da mañá foron desenvolvéndose diferentes actividades.
Educación Infantil:
Visitaron as aulas de 3 e 4 anos. Fixeron un percorrido polas instalacións do centro: a Biblioteca, o Comedor, o patio cuberto,... e xa no exterior, visitaron o invernadoiro:
A continuación, no exterior do pavillón compartiron unha merenda...

E logo, coas pilas ben cargadas... entraron no pavillón a xogar todos xuntos!!

Despois de xogar no recreo, subiron todos á clase de 5 anos a escoitar un conto e a cantar todos xuntos a canción de "O COELLIÑO BRANCO".


Educación Primaria:
O alumnado de 1º, 2º e 3º de EP, despois de visitar as aulas correspondentes, acudiron todos xuntos á AULA DE PSICOMOTRICIDADE, onde asistiron á representación da obra: "O SOÑADOR DE HISTORIAS" por FANFARRA TÍTERES



E os mais maiores, os de 4º, 5º e 6º, tiveron a sorte de ser espectadores da obra de teatro que representaron os alumnos e alumnas de 6º curso de Franza, que levaba por título: "O PIRATA BARBAVERMELLA".


Despois de desfrutar da merenda e do recreo, tocoulles ir xogar ao pavillón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario