viernes, 9 de octubre de 2015

RADIO CABANAS. 1

Hoxe, tivemos o primeiro programa deste curso de...


RADIO CABANAS

Como xa saberedes, porque o explicamos en entradas anteriores, trátase dun Programa radiofónico elaborado polo alumnado de 5º e 6º de Primaria, e que se leva a cabo os venres despois do recreo. En principio, está plantexado para levalo a cabo quincenalmente.

Este primeiro programa foi para todo o alumnado do centro.


Para que os vexades, aquí vos deixamos as fotos das presentadoras: NOA (5º) e ANDREA (6º) e os técnicos de son: VALENTÍN (5º) e TEO (5º), sen olvidar ao cordinador do programa: HUGO (6º).



Foi un programa moi divertido, xa que ademais de ter as súas seccións habituais (felicitación de aniversarios, o tempo, música,...) tivemos unha sorpresa moi agradable: algúns dos alumnos/as de 5º curso disfrazados dos TELETUBBIES, deixaron coa boca aberta aos mais pequenos!!
Mirade que guapos estaban!!




Neste ENLACE, podedes escoitar o programa de radio.

1 comentario: