martes, 1 de diciembre de 2015

IX CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Chega o mes de decembro, e con el un concurso que nos acompaña dende fai xa nove anos...
Trátase do Concurso de Postais de Nadal que organiza a ANPA "O Castiñeiro", coa colaboración do Concello de Cabanas, a librería Xicos e o propio colexio.
Como recordaredes, de anteriores edicións, neste concurso participa todo o alumnado do centro elaborando unha postal de temática navideña. Posteriormente, un xurado composto por dous membros da xunta directiva da ANPA, un profesor ou profesora do colexio e a Concelleira de Cultura do Concello, elixirá unha postal de cada clase. O autor/a de cada unha das postais gañadoras recibirá como premio un vale de 18 € para canxear por libros.

Deixámosvos aquí as bases, por se as queredes ler...




E como recordo... as postais premiadas o curso pasado:

No hay comentarios:

Publicar un comentario