jueves, 23 de abril de 2015

CRISTINA JUSTO

Hoxe, ás aulas de infantil recibiron a visita da escritora e investigadora CRISTINA JUSTO. Veu celebrar con nós o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO, e agasallounos cun dos seus contos:

Aquí tedes as fotos da sesión que levou a cabo na clase dos maiores... os de 5 anos:

miércoles, 22 de abril de 2015

VISITA DE JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

Hoxe, despois da hora de ler, os alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria, baixamos á entrada do colexio. Alí nos estaba esperando JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO, escritor e ilustrador que veu pasar un rato con nós.
Falounos do seu traballo, dos seus libros,...  e contestou a todas as preguntas que lle fomos facendo.
Ademais, en vivo e en directo, debuxou algúns dos seus personaxes. 
Ao remate da súa visita, asinou os libros que os nenos e nenas trouxeron...
Aquí vos deixamos as fotos:
E aquí os debuxos cos que nos agasallou:

Como os alumnos e alumnas de 4º, foron os últimos aos que lles firmou os libros, aproveitaron para sacar unha foto con el:


martes, 14 de abril de 2015

A HORTA DA NOSA ESCOLA...

Como xa leríades nunha entrada anterior, dende o mes de xaneiro, temos no colexio un invernadoiro no que plantamos... 
Mirade o que plantamos!!

APADRIÑAMENTOS LECTORES

De novo organizamos esta actividade que tanto gusta a pequenos e non tan pequenos...


LUNS 13 de abril:
PADRIÑOS/MADRIÑAS: 3º de Educación Primaria
AFILLADOS/AFILLADAS: 2º de Educación Primaria



MARTES 14 de abril:
PADRIÑOS/MADRIÑAS: 5º de Educación Primaria
AFILLADOS/AFILLADAS: 4º de Educación Infantil



MÉRCORES 15 de abril:
PADRIÑOS/MADRIÑAS: 6º de Educación Primaria
AFILLADOS/AFILLADAS: 1º de Educación Primaria



XOVES 16 de abril:
PADRIÑOS/MADRIÑAS: 4º de Educación Primaria


AFILLADOS/AFILLADAS: 5º e 6º de Educación Infantil (4 e 5 anos)

viernes, 10 de abril de 2015

REPORTAXE 6º ED. PRIMARIA

Os rapaces e rapazas de 6º mergulláronse de cheo no mundo das reportaxes na área de lingua castelá, e o certo e que non se lles da nada mal. Traballaron os distintos tipos de textos durante todo o curso e desta volta tocou "a reportaxe" a través da cal fixeron un pequeno traballo de indagación recolectando información sobre distintos temas relacionados co noso entorno escolar. Para conseguir un resultado profesional antes leváronse a cabo unha serie de actividades como encuestas, entrevistas, documentación e estudio de distintos formatos para conseguir un resultado coma o que propoñemos a continuación, obra de Christina May Nelson Arias. 




miércoles, 1 de abril de 2015

ABRIL: MES DOS LIBROS

 No mes de ABRIL, temos un día importante que celebrar:

Para festexar esta data, no noso colexio, durante todo o mes organizamos diferentes actividades. Aquí vos contamos cales temos plantexadas:
- Semana do 13 ao 17: APADRIÑAMENTOS LECTORES: O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria serán os padriños e madriñas do alumnado dos demais cursos. Se o tempo o permite poderemos levar a cabo esta actividade fóra...




- Día 22 de abril: Visitaranos o ilustrador JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO. Estará co alumnado de 1º e 2º ciclo de Primaria, que leron algúns dos seus libros:
- "A PEDRA E AS FORMIGAS"
- "MIL COUSAS PODEN PASAR" LIBRO I
- "MIL COUSAS PODEN PASAR" LIBRO II







- Día 23 de abril: Visitaranos a escritora e investigadora CRISTINA JUSTO SUÁREZ, que terá unha sesión de CONTACONTOS co alumnado de Educación Infantil, e nos presentará unha das súas obras:
"O SEGREDO DE FLORA"



En próximas entradas vos iremos contando...