domingo, 31 de mayo de 2015

PREMIOS DO CONCURSO DAS LETRAS GALEGAS

Todos os cursos, por estas datas, no colexio organizamos un concurso, adicado ás Letras Galegas, e especialmente ao homenaxeado dese ano. Nesta ocasión, adícouselle o Día das Letras Galegas a XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE.


Todo o alumnado do centro participou no concurso cos seus traballos: o alumnado das aulas de Infantil fixeron traballos colectivos, e o alumnado de Primaria participou de forma individual.

Para os premios, contamos coa colaboración  do Concello de Cabanas, que obsequiou aos gañadores cun vale da librería XICOS...
Aquí tedes aos gañadores:

(4º EI)
                                                                                                                                               (5º EI) 

(6º EI)
 (1º, 2º, 3º de EP) 
                                                                
(4º, 5º, 6º de EP)
Noraboa a todos os gañadores e participantes!!

sábado, 30 de mayo de 2015

COAS MULLERES DE LAVANDEIRA...

De novo, tivemos a sorte de que nos fixeron unha visita as mulleres de Lavandeira. Cargadiñas viñeron con cestos cheos de lá, e os diferentes uteis que empregan no traballo de fiar a lá:

A continuación, vos deixamos unhas presentacións coas fotos de cada un dos grupos que foron para escoitar e ver, e aprender, como se fía a lá...

EDUCACIÓN PRIMARIA (5º e 6º):

EDUCACIÓN PRIMARIA (3º e 4º):

EDUCACIÓN PRIMARIA (1º e 2º):

EDUCACIÓN INFANTIL:

miércoles, 20 de mayo de 2015

XORNADA DE CONVIVENCIA

Hoxe, no noso colexio tivemos invitados. Ás dez da mañá, chegaron dous autobuses cargadiños de nenos e nenas: todo o alumnado do CEIP SANTIAGO APÓSTOLO de Franza, Mugardos, xunto cos sus profes. 
Ao longo da mañá foron desenvolvéndose diferentes actividades.
Educación Infantil:
Visitaron as aulas de 3 e 4 anos. Fixeron un percorrido polas instalacións do centro: a Biblioteca, o Comedor, o patio cuberto,... e xa no exterior, visitaron o invernadoiro:
A continuación, no exterior do pavillón compartiron unha merenda...

E logo, coas pilas ben cargadas... entraron no pavillón a xogar todos xuntos!!

Despois de xogar no recreo, subiron todos á clase de 5 anos a escoitar un conto e a cantar todos xuntos a canción de "O COELLIÑO BRANCO".


Educación Primaria:
O alumnado de 1º, 2º e 3º de EP, despois de visitar as aulas correspondentes, acudiron todos xuntos á AULA DE PSICOMOTRICIDADE, onde asistiron á representación da obra: "O SOÑADOR DE HISTORIAS" por FANFARRA TÍTERES



E os mais maiores, os de 4º, 5º e 6º, tiveron a sorte de ser espectadores da obra de teatro que representaron os alumnos e alumnas de 6º curso de Franza, que levaba por título: "O PIRATA BARBAVERMELLA".


Despois de desfrutar da merenda e do recreo, tocoulles ir xogar ao pavillón.

martes, 12 de mayo de 2015

A TROPA DE TRAPO: "TÍ TAMÉN CONTAS"

Hoxe, no patio cuberto, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, asistiu á representación de A TROPA DE TRAPO, que levaba por título:

"TÍ TAMÉN CONTAS"




lunes, 11 de mayo de 2015

CONCURSO "SON DE SON"

Nas últimas semanas, organizouse un concurso, entre todo o alumnado de Primaria, no que se lles animaba a crear un logo para o noso programa diario de música SON DE SON.
Aquí tedes as bases do concurso...





E, despois de todo o proceso, aquí tedes o logotipo elixido, creación de XIARAN PENA PIÑEIRO de 6º de EP:

martes, 5 de mayo de 2015

ESTUDO DE GRAVACIÓN


O alumnado do CEIP Eladia Mariño están inmersos de cheo en xornadas de gravacións no Estudo que montamos na Biblioteca. Mostra deste traballo aparece reflexada nesta presentación de fotografías realizadas no momento da realización artístico-musical. Un pequeno petisco para ir abrindo boca da enorme profesionalidade destes pequenos artistas.