jueves, 7 de abril de 2016

PLANTANDO ÁRBORES...

Hoxe, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, xunto coas súas titoras, baixaron camiñando ao piñeiral de Cabanas.

Alí, puideron escoitar a  ALBERTO VARELA, membro da ASOCIACIÓN GALEGA DA FROITA AUTÓCTONA DO EUME, que lles falou das diferentes especies de piñeiros que hai neste piñeiral, un dos poucos que se conservan en España. Tamén lles explicou cal é a forma correcta de realizar a plantación das árbores. O alumnado estivo moi atento xa que logo tiñan que poñelo en práctica!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario