miércoles, 18 de mayo de 2016

2ª XORNADA DE CONVIVENCIA

Como o curso pasado, no día de hoxe, organizouse no noso centro, unha Xornada de Convivencia co alumnado e profesorado do CEIP SANTIAGO APÓSTOLO de Franza, Mugardos.

Ás dez da mañá, chegaron nun autobús os nenos e nenas do cole de Franza. 
Un alumno/a de cada clase das do noso colexio recibiu na entrada e acompañou a cada clase ao grupo do seu nivel. Estiveron un ratiño nas clases e despois, estaban organizadas unha serie de actividades para tres grupos diferentes: 

1. Alumnado de Infantil 
2. Alumnado de 1º a 3º de Primaria 
3. Alumnado de 4º a 6º de Primaria

Ao ser tantos nenos e nenas, as actividades organizáronse por turnos. Así, mentres uns cantaron e tocaron instrumentos na entrada do colexio...





 outros estiveron no pavillón xogando cos monitores de "La Guagua"...




e outros merendando no comedor...





Outra actividade que tamén fixeron os alumnos e alumnas de Primaria, foi compoñer uns puzzles co cartel conmemorativo da xornada, que foi pintado por partes nos días anteriores nos dous colexios.





Para rematar a xornada, xuntámonos todos no pavillón onde nos tiñan preparadas unhas actividades musicais os chicos e chicas de "La Guagua"



Antes de marchar, recibimos un agasallo adicado!!




Agradecemos moito o agasallo e tamén que a xornada fose éxito, en todos os aspectos. Quixeramos destacar o bo comportamento de todo o alumnado dos dous colexios, algo que, ademais, nos comentaron os monitores que estiveron con eles no pavillón. Temos alumnado exemplar e iso nos alegra moito!! 

Ata a próxima!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario