viernes, 7 de octubre de 2016

PROGRAMA Nº1 RADIO CABANAS (07/10/2016)

Primeiro venres de outubro, e primeiro programa de RADIO CABANAS.
O alumnado de 6º curso foi o encargado da súa planificación e posta en marcha. 


Coordinadora: OLAYA (6º)
Presentadoras: CAROLINA e NOA
Técnicos de Son: TEO e SANTI SEIJO
Alumnado participante: 6º de Primaria

Nivel de audiencia: Todo o alumnado do centro



Este programa estivo adicado ao novo alumnado do colexio, e, especialmente aos nenos e nenas de 4º de Infantil (3 anos). Por iso, os alumnos e alumnas de 6º botaron man dalgúns dos personaxes mais coñecidos polos pequenos: no programa de radio apareceron "A patrulla canina" e Bob Esponxa!!


Ademais, tivemos a actuación de dúas alumnas de 6º curso de Primaria, Ana e Olaya que nos interpretaron dúas cantigas acompañadas coas súas panderetas. Explicáronnos que levan desde os 3 anos practicando!!

Temos que dicir que temos uns alumnos e alumnas que son uns artistas!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario