AFILLADOS/AFILLADAS: alumnado de 5º e 6º de Infantil (4 e 5 anos)
viernes, 29 de abril de 2016
APADRIÑAMENTOS LECTORES. ABRIL 2016 (3)
PADRIÑOS/MADRIÑAS: alumnado de 5º de Primaria
AFILLADOS/AFILLADAS: alumnado de 1º de Primaria
AFILLADOS/AFILLADAS: alumnado de 1º de Primaria
jueves, 28 de abril de 2016
CREATIVIDADE (4)
4ª sesión (28-4-16): TANGRAM
Aproveitando os TANGRAM que fixeron os alumnos/as de 5º curso de Primaria para todas as aulas, e que xa usamos o venres pasado para compoñer a palabra CERVANTES, hoxe, baixamos de novo todos ao pavillón para crear unha figura a partires das de todos os TANGRAM.
A única condición, ao colocar as pezas, era que estiveran tocando a unha que xa estivera colocada... Aquí vos deixamos unhas fotos do proceso:
miércoles, 27 de abril de 2016
APADRIÑAMENTOS LECTORES. ABRIL 2016 (2)
PADRIÑOS/MADRIÑAS: alumnado de 4º de Primaria
AFILLADOS/AFILLADAS: alumnado de 2º de Primaria
AFILLADOS/AFILLADAS: alumnado de 2º de Primaria
martes, 26 de abril de 2016
APADRIÑAMENTOS LECTORES, ABRIL 2016 (1)
Xa está a piques de rematar o mes de abril, mes dos libros, e non podíamos deixalo ir sen antes ter unhas sesións de APADRIÑAMENTOS LECTORES. Como xa sabedes, esta é unha actividade que desfrutamos moito e quixemos aproveitar a última semana deste mes para levala a cabo.
Hoxe, foi a primeira sesión:
PADRIÑOS/MADRIÑAS: alumnado de 6º de Primaria
AFILLADOS/AS: alumnado de 4º de Infantil
viernes, 22 de abril de 2016
CERVANTES (2)
E chegou o día...
Hoxe, despois do recreo, xuntámonos todos na entrada do cole para rendir a nosa particular homenaxe a Miguel de Cervantes. Tivemos varios grupos de alumnos que participaron cos seus recitados. Aquí vos deixamos os vídeos:
A continuación, todo o alumnado do colexio, e todo o profesorado, baixamos ao pavillón para, compoñer a palabra CERVANTES, dunha maneira moi orixinal: fai unhas semanas, o alumnado de 5º curso de Primaria preparou uns TANGRAM xigantes para cada clase e con eles, cada grupo tivo que facer unha das letras da palabra. Aquí vos deixamos a foto final. Mirade que chula!!
lunes, 18 de abril de 2016
CERVANTES (1)
O próximo 22 de abril conmemórase
o cuarto centenario do falecemento de Miguel
de Cervantes Saavedra.
Se pinchades no seguinte enlace, poderedes visitar a web do IV Centenario de la muerte de Cervantes
No colexio, a semana do 18 ao 22
de abril, decidimos facer unha exposición sobre este escritor e solicitamos a axuda das familias. Nunha nota lles dixemos que podían prestarnos libros ou calquera outra cousa relacionada con este autor ou coa súa
obra...
Ademais, temos planificada outra actividade para o día 22, da que non vos imos contar nada aínda...
Pero, mentres non chega o día, imos recordar...
A finais da década dos anos setenta, concretamente en 1979, os que daquela eramos pequenos podíamos disfrutar das aventuras do cabaleiro "Don Quijote de la Mancha", basadas na obra maestra de Cervantes.
Pois para aqueles que xa coñecíades a serie, e para todos aqueles que non, aquí vos deixamos a canción e uns fragmentos. Que os desfrutedes!!
Canción
"Primeira saída de Don Quixote e Sancho"
"A aventura dos muíños"
E ademais, vos deixamos este xogo que atopamos en EDUCASTUR
domingo, 17 de abril de 2016
PROGRAMA ATRÉVETE 2015-16
O alumnado de 5º e 6º de Primaria tiveron o venres 15 de abril no Centro Integrado de Formación Profesional Someso de A Coruña, unha xornada enmarcada dentro do PROGRAMA ATRÉVETE 2015-16.
Este programa, que se desenvolve no marco do Plan EDUEMPRENDE, vai dirixido a
fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado de educación primaria e educación
secundaria obrigatoria no espírito emprendedor.
Aquí vos deixamos, tamén, o enlace ao blogue do 3º ciclo onde hai un montón de fotos da visita:
Aquí vos deixamos, tamén, o enlace ao blogue do 3º ciclo onde hai un montón de fotos da visita:
jueves, 14 de abril de 2016
CREATIVIDADE (2)
2ª sesión (14-4-16): VALORA A TÚA ESCOLA
O alumnado de Educación Primaria tiña que escribir nun folio aqueles aspectos da escola que mais lle gustaban e tamén, os que menos. No caso de Educación Infantil, a actividade se realizou de forma oral e as titoras recolleron o comentado polos nenos e nenas.
Todo o material recollido está na entrada do colexio no "RINCÓN CREATIVO" para quen o queira mirar.
martes, 12 de abril de 2016
LIBROS NOVOS...
Seguimos estreando libros e por iso, de vez en cando os colocamos na entrada para que os poidades coñecer!!
LIBROUCHO...
Xa temos de novo con nós a LIBROUCHO. Gústavos??
Pois ven con ganas de traballar... por iso xa vos propón a todos e todas que lle deixedes no seu buzón títulos de libros que vos gustaría que haxe na biblioteca. Animádesvos??
viernes, 8 de abril de 2016
PROGRAMA Nº 8 : RADIO 08-04-2016
Hoxe, venres, tivemos un novo programa de radio. Nesta ocasión, os alumnos/as de 5º e 6º de Primaria foron os encargados de TODO. Cando dicimos TODO, queremos dicir que eles foron os que escolleron e organizaron os contidos sen a axuda das súas titoras (habitualmente as titoras se ocupan de orientalos e organizar un pouquiño o guión do programa, pero, agora no terceiro trimestre xa poden intentalo pola súa conta!!)
Aquí tedes o reparto de tarefas deste programa:
Ademais das diferentes seccións dentro do programa, houbo unha entrevista en rigoroso directo que Santi, de 5º, lle fixo á súa avoa Laura.
Deixámosvos un enlace ao blogue de 5º curso para que poidades ver mais fotos e tamén un vídeo da entrevista. Esperamos que vos guste!!
jueves, 7 de abril de 2016
PLANTANDO ÁRBORES...
Hoxe, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, xunto coas súas titoras, baixaron camiñando ao piñeiral de Cabanas.
Alí, puideron escoitar a ALBERTO VARELA, membro da ASOCIACIÓN GALEGA DA FROITA AUTÓCTONA DO EUME, que lles falou das diferentes especies de piñeiros que hai neste piñeiral, un dos poucos que se conservan en España. Tamén lles explicou cal é a forma correcta de realizar a plantación das árbores. O alumnado estivo moi atento xa que logo tiñan que poñelo en práctica!!
martes, 5 de abril de 2016
GALICIA LE
Neste mes de abril, mes dos libros, queremos invitarvos a que visitedes a páxina da REDE DE BIBLIOTECAS PÚBLICAS DE GALICIA
Podees atopar cousiñas moi interesantes. Entre elas, se vos fixades na primeira foto da esquerda, está GALICIA LE. Como podedes ver, é a plataforma de préstamo de libro electrónico. Aquí vos deixamos a información que aparece na páxina. Animádevos a visitala!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)