viernes, 17 de marzo de 2017

CREATIVAMOS: SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS

Unha nova proposta de creatividade para o noso alumnado...


Nesta ocasión, logo de ver unha parte dun vídeo (en inglés) sobre o tema ("Superheroes and superpowers wiki for kids at cool school") e dialogar sobre o tema, o alumnado tivo que debuxarse a si mesmo, caracterizado de superheroe/ina. Todos estes debuxos están recollidos nun álbum-libro que temos exposto na entrada do centro.


Na seguinte presentación, podedes ver a todos os superheroes e superheroínas do noso cole!! Se queredes saber os seus nomes e os seus poderes teredes que botarlle un ollo ao álbum.


Ademais, na sesión extra do xoves houbo uns convidados moi especiais!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario