viernes, 26 de mayo de 2017

PROGRAMA DE RADIO Nº 9 RADIO CABANAS: LETRAS GALEGAS 2017

Cun pouquiño de retraso no calendario, celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS cun programa especial de RADIO CABANAS:

Coordinador: TEO (6º)
Presentadores: ESTEFANÍA (5º) e DAVID (6º)
Técnicos de Son: DIEGO (5º) e NOA (6º)
Participantes: alumnado de 4º EI e todos os cursos de Primaria
Audiencia: todo o alumnado do cole



Como ven sendo habitual, o programa comezou coas felicitacións para o alumnado do colexio que estivo de cumple dende o anterior programa ata o día de hoxe.

A continuación deron paso ás actuacións:
O alumnado de 4º de Educación Infantil, os mais xovenciños do cole, estiveron traballando sobre A ODISEA, dentro do seu proxecto sobre os gregos. Aprenderon moitas cousas e, entre elas, esta cantiga (con letra orixinal da súa profe Nati) que leva por título: FOLIADA PARA ULISES.


O alumnado de 1º de Primaria contounos a historia de "TORIBIO CONTRA O PROFESOR SMITH"


Algúns de segundo, recitaron "O PIOLLO E A PULGA"


OS nenos e nenas de 3º, fixéronnos preguntas sobre CARLOS CASARES, verdadeiro ou falso?


CLAUDIA e ANTÍA, de 4º de Primaria, contáronnos "A GALIÑA AZUL"


E Carolina e ARIADNA, tamén de 4º, "UN GATO DIFERENTE"


O alumnado de 5º de Primaria interpretou un RAP sobre CARLOS CASARES


E, os alumnos e alumnas de 6º interpretaron con instrumentos a canción "O TREN" de Andrés do Barro


E como remate do programa, unha dedicatoria especial para a nosa auxiliar de conversa deste curso, TESS:


No hay comentarios:

Publicar un comentario