jueves, 22 de junio de 2017

EXCURSIÓN A CAMPO LAMEIRO. PONTEVEDRA

Logo de ter que cambiar a data da excursión, de onte para hoxe (pola folga dos autobuses) por fin o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º marchou de excursión ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro
A viaxe comezou ás 9 e media da mañá (bueno, un pouquiño mais tarde...) e logo de dúas horas de viaxe chegaron ao destino.
Polo que nos dixeron @s profes que foron, pasárono xenial e (como xa supoñíamos) o noso alumnado portouse de marabilla!!!
A verdade é que despois de traballar durante todo o curso sobre a HISTORIA, esta excursión foi un bon broche final...



No hay comentarios:

Publicar un comentario