viernes, 23 de junio de 2017

ÚLTIMO DÍA DE CLASE...

E chegou o día...
Último día deste curso con moitas emocións...


Co patio cuberto convertido nun "especial salón de actos"... (coas ventanas ben tapadiñas), puidemos ver, todos xuntos, a presentación da revista "XENTE NOVA" que xa vai polo seu número 29.
A continuación, repasamos, co alumnado de 6º curso, moitas das súas andainas no colexio, desde o ano 2008, cando chegaron, case todos, con 3 aniños...


Logo, deron paso á entrega de diplomas e á despedida da que foi a súa titora estes dous últimos cursos: SIRA.



Ademais, o alumnado de 5º curso de Primaria, adicoulle unhas palabras a ISABEL, que foi titora deles en 3º e 4º de Primaria e que se xubila neste fin de cursol!





E, entre o alumnado de 5º temos unha artista: LAURA. Quixo agasallar á súa titora coa interpretación dunhas cancións co acordeón, e tivemos a sorte de que tamén quixo tocar para todo o colexio!!


E, como broche final a esta xornada, un grupo de nenas de 4º de Primaria bailou para todos o tema "Despacito", e, por suposto, acabaron convidando a todo o colexio a bailar con elas!!


Rematamos así este curso, desexándovos a todos e todas que desfrutedes moito das vacacións que empezan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario