martes, 20 de junio de 2017

XORNADA DE CONVIVENCIA CO CEIP SANTIAGO APÓSTOLO DE FRANZA

Terceiro curso no que organizamos esta xornada de convivencia co alumnado e profesorado do CEIP Santiago Apóstolo de Franza, Mugardos.
Nesta ocasión, o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria quedaron no noso colexio e tiveron a ocasión de asistir a un concerto de nenos e nenas da Escola de Música de Cabanas. Entre os interpretes había alumnos/as do noso centro e tamén algúns exalumn@s!: Pablo, Esther, Noa, Carolina, Iria,...


O piñeiral foi o lugar elixido para que o resto do alumnado de Primaria (de 3º a 6º curso) participara en xogos organizados para eles. Aquí vos mostramos unhas poucas fotos do ben que o pasaron!









No hay comentarios:

Publicar un comentario