domingo, 15 de octubre de 2017

MOSTRA DE TEATRO DE NARÓN 2017

Xa ven sendo habitual que, nestas datas do curso, o alumnado do noso colexio asista a diferentes representacións teatrais no Concello de Narón.
Nesta ocasión, o alumnado de Educación Infantil ten previsto asistir, o próximo mércores día 18 no Auditorio de Narón, á representación da obra: "CONTACREQUES" pola compañía EME-2.

O alumnado de Educación Primaria, esperará ata o día 9 de novembro para asistir á obra "LÚA" do grupo GHAZAFHELLOS no Pazo da Cultura de Narón.


No hay comentarios:

Publicar un comentario