lunes, 17 de diciembre de 2018

RADIO CABANAS Nº 3 (14-12-18)

Presentadores: PEDRO (6º) e NOA (5º)
Técnicos: LORENA (6º) e ADRIÁN (5º)
Coordinadora: FIORELA (6º)
Dirixido a todo o alumnado do centro.

Iniciouse o programa cos parabéns aos que estiveron de cumple desde o programa anterior ata hoxe.


O alumnado de 1º interpretou unha panxoliña de Nadal: "XA ME TARDAN ESTES MAGOS"



Logo, coa axuda de BREOGÁN (5º EP) nos falaron das abellas...


ROI (6º EP), contounos como vai a ser o tempo da fin de semana:




E para rematar, o alumnado de 6º interpretou unha canción pero, por problemas técnicos non vos podemos ofrecer o vídeo. Sentímolo.

lunes, 26 de noviembre de 2018

OBRADOIRO


Compartimos unhas fotos das actividades:



  




miércoles, 14 de noviembre de 2018

"CRECER", El callejón del gato

Hoxe, mércores 14 de novembro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria acudiu ao Pazo da Cultura de Narón para asistir á representación da obra "CRECER" da compañia EL CALLEJÓN DEL GATO





viernes, 9 de noviembre de 2018

PACO NOGUEIRAS E O MAGOSTO

Hoxe, actuación de PACO NOGUEIRAS para todo o alumnado do centro (actividade organizada polo Concello de Cabanas) e MAGOSTO ao que asistiron moitas familias.










jueves, 8 de noviembre de 2018

RADIO CABANAS Nº2 (8-11-18)

Nesta ocasión o equipo da radio estivo composto por:
Presentadores:
LUCÍA (6º) e ANXO (5º)
Coordinadora: NOA (6º)
Intérprete de linguaxe de signos: 
CAROLINA (6º)
Técnicos: SABELA FREIRE (5º) e NACHO (6º)
Participantes: alumnado de 4º de Primaria.
Dirixido a todo o alumnado do centro.



Iníciase este programa coa presentación do equipo encargado do mesmo, e, a continuación, coa habitual sección na que se felicita aos que estiveron de cumple dende o programa anterior ata o día de hoxe. Aproveitaron os presentadores para falar dos xogos que se prepararon o día 31 no pavillón e nos que participaron todos os nenos e nenas do cole.




A continuación, algúns alumnos e alumnas de 4º de Primaria nos presentaron os seus trucos de maxia:












A continuación, estreamos unha nova sección na que, BREOGÁN de 5º de Primaria nos fala de... De todas formas, como explicou Breogán, calquera alumno/a do cole poderá, en programas próximos, participar nesta sección:


E, para rematar, XES de 6º de Primaria nos contou como vai ser o tempo os próximos días. Acompañouno CAROLINA coa linguaxe de signos:



miércoles, 31 de octubre de 2018

31 DE OUTUBRO

Nesta semana, o noso cole encheuse de cabazas...






... e, hoxe, ademais, de bruxas, vampiros, morcegos, esqueletes,...  QUE MEDO!!!!

Foi un día moi especial: tivemos o recreo un pouquiño antes (de 11:30 a 12:00) e logo, todos e todas baixamos ao pavillón, onde tiñamos preparados XOGOS PARA TOD@S!.

Houbo un montón de equipos: cada un deles identificado por unha personaxe especial: pantasmas, esqueletes, bruxas,... e, en cada equipo había nenos e nenas das diferentes clases desde 4º de Infantil ata 6º de Primaria. Da gusto xogar todos xuntos!!

Temos moooooooitas fotos, así que para que as poidades ver, pinchade no seguinte imaxe. Esperamos que vos gusten!!


Ademais, e para rematar a xornada, o comedor tamén estaba decorado para a ocasión, e non podía faltar algún prato especial...










sábado, 13 de octubre de 2018

RADIO CABANAS Nº 1 (11-10-18)

Primeiro programa de radio deste curso.

Programa de benvida para todos e todas os que se incorporaron ao noso colexio no mes de setembro.

Nesta ocasión contamos co seguinte equipo:

Presentadores:
ROI (6º) e ANTÍA (6º)
Coordinadora: 
CLAUDIA (6º)
Intérprete de linguaxe de signos:
LUCÍA (6º)
Técnicos: 
IRENE (6º) e CAROLINA (6º)
Participantes: 
alumnado de 6º de Primaria
Dirixido a todo o alumnado do centro









Para comezar, logo da presentación do equipo responsable, parabéns para todas/os os que estiveron de cumple dende o último programa (20 de xuño) ata o día de hoxe.
Despois, benvida ao alumnado novo deste curso e, tamén, ao profesorado:


O primeiro programa do curso, vai dirixido ao novo alumnado de 3 anos, así que, para eles, os nenos e nenas de 6º de Primaria prepararon a dramatización dun conto moi coñecido, pero cunha versión que vos vai sorprender, e que estivo xenial!:



A continuación, o alumnado de 3º de Primaria, interpretou acompañado por XABI e MARTA a canción "IMAGINE" de John Lennon:


E para rematar...
Recordades que na entrada anterior falámosvos de que LIBROUCHO estivera esta semana agochado polo colexio e que, cando o foron atopando os nenos e nenas dos diferentes cursos, esperábaos cunha adiviña? Pois ben, no programa de radio comprobamos se en todas as clases foron quen de solucionar as adiviñas... 
... e LIBROUCHO aínda nos tiña preparada outra sorpresa en forma de crebacabezas!



Así desvelamos cal vai ser o tema do proxecto anual deste curso:
"MERGÚLLATE NAS FRAGAS"

martes, 9 de octubre de 2018

CARTAS DE LIBROUCHO

Onte e hoxe pola mañá, recibimos en todas as clases cartas que nos enviou LIBROUCHO:


Así que, tocou buscalo por todo o colexio...

4º EI (3 anos):


5º EI (4 anos):





 6º EI (5 anos):




1º EP:


2º EP:






3º EP:





4º EP:



5º EP:

6º EP: