sábado, 24 de febrero de 2018

RADIO CABANAS 17-18 Nº6: ESPECIAL ROSALÍA DE CASTRO










Presentadores:ROI (5º) e LAURA (6º)
Coordinadora: ÁNGEL (6º)
Técnicos: ALEX (6º) e ESTELA (5º)



Como xa saberedes, o programa se inicia co saúdo dos técnicos, coordinadora e presentadores. 


A primeira sección é a dos PARABÉNS aos que estiveron de aniversario desde o programa anterior ata o actual, pero, nesta ocasión, antes, ROI homenaxeou cunhas palabras ao humorista FORGES, que faleceu o pasado xoves.


A continuación, participaron os nenos e nenas de primeiro de Primaria que cantaron "XAN" do libro "ROSALÍA PEQUENIÑA"


Despois, foi o turno do alumnado de 2º de Primaria, que recitaron "HAS DE CANTAR":


Na nosa sección, habitual deste curso, "PALABRAS DO DEREITO E DO REVÉS, contamos nesta ocasión con CARLA E XOANA de 3º de Primaria (por problemas na gravación, non vos podemos mostrar a súa participación no programa pero, para podela incluír aquí, aceptaron repetila ao remate do programa)


O alumnado de 6º de Primaria están preparando a súa visita ao Concello para participar nun pleno, o día 8 de marzo "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER". Entre os traballos que están a realizar, crearon entre todos un RAP que presentaron a todo o cole neste programa de radio:


Outra sección, da que se ocupa o alumnado de 1º de Primaria, é a de "BOAS NOVAS":


E para rematar, "O TEMPO" según DIEGO, para estes próximos días:

No hay comentarios:

Publicar un comentario