martes, 20 de marzo de 2018

CAXOTO: "DIAGNOSTICANDO A IGUALDADE"

O alumnado de 5º e 6º de Primaria tamén tivo unha actividade, organizada polo Concello: un contacontos de CAXOTO titulado "DIAGNOSTICANDO A IGUALDADE"


MULLERAZAS

Hoxe, organizada polo Concello, tivemos  unha representación teatral titulada "MULLERAZAS" da compañía CRIANDO MALVAS. Fixeron dúas funcións: unha para Infantil e 1º de Primaria e outra para 2º, 3º e 4º de Primaria.





lunes, 19 de marzo de 2018

RADIO CABANAS 17-18 Nº 7

Hoxe, venres 16 de marzo tivemos outro programa de RADIO CABANAS.


Presentadores:
LUCAS (5º) e IRIA (6º)
Coordinadora: SARA (6º)
Técnicos: 
ÁNGEL (6º) e  IRENE (5º)




O programa comezou coa súa sección habitual "PARABÉNS"


Os nenos e nenas de 6º de Infantil (5 anos) nos mostraron e comentaron todo o que aprenderon sobre LEONARDO DA VINCI. Demostráronnos que son uns expertos/as!!



XES (5º EP) participou na sección das "PALABRAS DO DEREITO E DO REVÉS"


VEGA, PAULA, SOFÍA e DIEGO (1º EP) foron, nesta ocasión, os que se ocuparon das "BOAS NOVAS"



A sección de "RELATOS DE HISTORIA PARA CONTAR",neste programa, foi sustituída por unha homenaxe póstuma a un gran científico: STEPHEN HAWKING, da que se ocuparon MARA e JAIME (6º EP)

Para rematar o programa LUCAS se ocupou de contarnos como vai ser o tempo nos próximos días...

jueves, 8 de marzo de 2018

8 de MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe, xoves, 8 de marzo, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, celebrouse no Concello de Cabanas, un pleno extraordinario no que participaron as alumnas de 6º curso de Primaria do noso colexio. Tamén asistiron, como espectadores, os nenos e nenas de 5º.


Deixámosvos o enlace á páxina web do Concello onde se fala desta actividade. 

Vídeos do Pleno no Concello:
(Algúns non están completos, pero, xa sabedes que, ás veces, os actos en riguroso directo dificultan o traballo de gravación)













Cando os participantes no Pleno, regresaron ao colexio, tocoulles cantar de novo o RAP, nesta ocasión acompañados por todo o alumnado do centro.


Como apunte final, queremos salientar o excelente traballo levado a cabo polas alumnas de 6º curso e a súa titora Sira. Así nolo fan saber as persoas que puideron asistir ao acto.

jueves, 1 de marzo de 2018

3 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DA NATUREZA

Recibimos unha proposta para conmemorar o DÍA MUNDIAL DA NATUREZA no Centro de Interpretación do Parque Natural das Fragas do Eume.






(Se pinchades no texto azul anterior, accederedes á web da XUNTA DE GALICIA  onde aparece a noticia)



O lema deste ano era: "ESCOITEMOS A VOZ DOS XÓVENES"

Esta foi a proposta:


CREACIÓN DE LA CARTA DE LOS DERECHOS DE LA NATURALEZA DE GALICIA

Se trata de crear una carta de los Derechos de la Naturaleza Gallega . Para ello los niños y la directora crearán un Consejo Consultivo de la Naturaleza, como órgano consultivo en materia de la naturaleza, el cual consensua y presenta un decálogo de propuestas en esta materia plasmados en forma de carta, para su traslado a la Conselleria de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

La pretensión es que el Consejo sea un cauce de comunicación de los jóvenes, teniendo como objetivo que éstos participen en el compromiso institucional de conservación de la Naturaleza y  de su patrimonio natural para la conservación de la diversidad biológica de Galicia.

Para ello, el Consejo Consultivo de la Naturaleza

ESTRUCTURA DEL ACTO

Trabajo escolar:
1.- El profesorado explica el proyecto a los alumnos.
2.-Reparto de funciones
3.- Documento final: Decálogo de la Carta de los derechos de la Naturaleza
4.-Elaboración de una campaña de divulgación: Dibujo escolar

Acto
5.- Presentación del Consejo y sus funciones
6.- Entrega de la Carta y el dibujo de su campañas
7.- Palabras institucionales
8.- Cierre del Acto

A actividade foi dirixida ao alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria que, onte, traballaron no colexio e, hoxe, xunto cos seus profesores, se desplazaron ata o centro de interpretación: