viernes, 27 de abril de 2018

REBUMBIO MATEMÁTICO

Hoxe, 27 de abril, tres dos nosos alumnos de 6º curso, IRIA, ÁNGEL e PUERTO, acompañados pola súa titora SIRA, participaron na proba da fase de zona de Ferrol do XVIII REBUMBIO MATEMÁTICO, organizado por AGAPEMA.

 

lunes, 23 de abril de 2018

RADIO CABANAS 17-18 Nº 8: DÍA DO LIBRO

Un novo programa que, nesta ocasión, excepcionalmente, non foi un venres, por varias razóns: o pasado venres o alumnado de 5º e 6º de Primaria foi de excursión a Santiago (xa volo contamos na entrada anterior) e ademais, hoxe é o DÍA DO LIBRO, e xa sabedes que a nós nos gusta celebrar os días especiais con programas de Radio!!

Presentadores:
HUGO SAAVEDRA (5º) e CANDELA (6º)
Coordinador: MARTÍN (6º)
Técnicos: 
DAVID (6º) e NOA (5º)
Participantes: alumnado de 4º e 5º de Infantil
Dirixido a todo o alumnado do centro






Para que poidades desfrutar do programa, aquí vos deixamos os vídeos:



* PRESENTACIÓN DO EQUIPO DO PROGRAMA:



* PARABÉNS AOS QUE ESTIVERON DE CUMPLE DENDE O PROGRAMA ANTERIOR:


* QUE DÍA É HOXE E POR QUE:


* ACTUACIÓNS ALUMNADO DE 4º EI (3 ANOS):
Os mais pequenos do cole ofreceron dúas cantigas que aprenderon na clase, e, ademais, outra que prepararon con LAURA e na que os acompañan os nenos e nenas de 5º de Primaria.


* BOAS NOVAS: como xa saberedes por outras ocasións, os nenos e nenas de 1º de Primaria, en cada programa nos contan boas novas moi interesantes. Nesta ocasión os encargados/as foron DANIELA, SOFÍA RODRÍGUEZ, XAVI, MIGUEL, LUNA, ANTÍA E XOANA.


Neste programa non houbo as seccións habituais de "PALABRAS DO DEREITO E DO REVÉS", nin "RELATOS DE HISTORIA PARA CONTAR". O que si ía haber era unha colaboración de BREOGÁN (4º EP) pero por motivos de saúde non foi posible.
E, como había un "oco" no programa, unhas alumnas de 6º de Primaria (LAURA, ESTEFANÍA, SOFÍA e MARA) ofrecéronse para interpretar un éxito actual...


Ademais das actuacións, neste programa tamén quixemos felicitar a ALBA (3º EP) que se proclamou este domingo CAMPEONA GALEGA de BAILE COREOGRÁFICO:



* ACTUACIÓNS DO ALUMNADO DE 5º EI (4 ANOS):
Martín expliounos todo o que saben sobre o CUCO e logo interpretaron todos xuntos unha cantiga sobre el.


Tamén aproveitamos para mandarlle a ROSA un bico colectivo, xa que a botamos moito de menos...


E, como remate final do programa os nenos e nenas de 4 anos cantaron para todos una canción que os anima na clase cando teñen que recoller, e coa que invitaron a todo o cole a bailar!

STEMlab Galicia

O pasado 10 de abril, recibimos, no colexio, un correo no que invitaban ao alumnado de 5º e 6º de Primaria a asistir o venres, 20 de abril, no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela á STEMlab Galicia, a maior feira educativa en Galicia para centros educativos na que se amosa a excelente labor educativa de numerosos centros galegos a prol da ciencia, a enxeñaría, a tecnoloxía e a matemática, pero sobre todo a prol dunha aprendizaxe competencial, activa e creativa.
Deixámosvos aquí un bon lote de fotografías da visita e do breve paseo pola cidade de Santiago (pinchade na imaxe):


viernes, 20 de abril de 2018

VISITA DE HÉCTOR CAJARAVILLE



Hoxe, moi cediño, pola mañá, visitounos no colexio HÉCTOR CAJARAVILLE.


Esta visita organizouse porque o alumnado de 4º de Primaria estivo lendo o seu libro "QUEN DÁ A QUENDA?





Sabemos que a visita estivo xenial, que os nenos e nenas quedaron encantados e que bombardearon ao autor cun montón de preguntas. Fixádevos que entretidos estaban que ninguén se acordou de inmortalizar o momento con algunha foto...