miércoles, 30 de mayo de 2018

GRAZAS DEVON!

THANK YOU DEVON!

Este é o título da entrada do blog "ELADIA MARIÑO SPEAKS ENGLISH", no que hoxe vos mostramos a presentación que NATALIA fixo, de recordo, para DEVON, a nosa auxiliar de conversa deste curso.
Hoxe foi o último día que estivo no cole con nós, e, claro, convertiuse nun día especial: foi polas clases e quixo que todos os nenos e nenas asinaran unha bandeira galega para levala de recordo...
Os primeiros: os mais pequerrechos do cole!!



Despois do recreo, tiñamos unha sorpresa preparada: xuntámonos tod@s no patio cuberto para mostrarlle a presentación de fotos e vídeos:


Se pinchades na seguinte imaxe poderedes ver a presentación:


Pero, aí non rematou todo. Devon trouxo unha gran bolsa chea de regalos para TODOS os nenos e nenas!!

GRAZAS DEVON!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario