miércoles, 16 de mayo de 2018

RADIO CABANAS Nº 9: ESPECIAL LETRAS GALEGAS

Programa especial de radio adicado ás LETRAS GALEGAS, que este ano rinde homenaxe a Mª VICTORIA MORENO.

Nesta ocasión contamos co seguinte equipo:

Presentadores:ANTÍA (5º) e JAIME (6º)
Coordinadora: CANDELA (6º)
Técnicos: DANI (5º) e SARA (6º)
Participantes: alumnado de 1º, 3º, 5º e 6º de Primaria
Dirixido a todo o alumnado do centro.


Iniciouse o programa, logo da presentación do equipo, coa sección habitual de "PARABÉNS a todos os que cumpriron anos desde o programa anterior:



A continuación, viaxamos no tempo grazas a CLAUDIA e ALDARA de 6º coas que puidemos presenciar unha entrevista con Mª VICTORIA MORENO:






O alumnado de 3º representou o "ROMANCE DA BELA ROSA" de SÉS:





GAEL, NORDÉS, LUNA, ANTÓN, CLARA e MIGUEL, de 1º EP,  ocupáronse das BOAS NOVAS:





Logo, NORDÉS, DANIELA, SOFÍA RODRÍGUEZ, VEGA, PAULA, SOFÍA CARIDAD, LARA, XAVI, LEO e LUNA, recitaron para todos o poema "UN CACHIÑO DE BICA" de Mª Victoria Moreno:



A continuación, algúns nenos e nenas de 5º EP interpretaron un rap sobre a SOLIDARIEDADE:


DIEGO, de 6º EP, ocupouse como xa ven sendo habitual do TEMPO. Como poderedes ver, logo de anunciar que non temos clase nin o xoves nin o venres, casi non lle deixan contar como vai ser o tempo estes días...


E, aínda que non temos vídeo para mostrarvos, o programa rematou co baile colectivo do tema de PACO NOGUEIRAS "Meu o mundo é!"

No hay comentarios:

Publicar un comentario