Sempre comezamos dicindo quen presenta e prepara o programa, pero, nesta ocasión non o imos poñer, mellor que volo digan eles...
jueves, 28 de junio de 2018
viernes, 22 de junio de 2018
jueves, 21 de junio de 2018
FIN DE CURSO
E remata o curso...
Como xa ven sendo habitual neste último día, despedimos ao alumnado de 6º de Primaria que marcha do noso cole. Xuntámonos, todos e todas, no patio cuberto para ver unha presentación de fotos e vídeos, que preparou a súa titora SIRA, destes nove anos que pasaron desde que, a maioría deles, entraron alá polo ano 2009...
NORABOA por este fin de etapa e, por suposto, que vos vaia moi ben a todos e todas nos próximos cursos no instituto!!
lunes, 18 de junio de 2018
LECTURAS EN FAMILIA
Na clase de 1º de Primaria, neste terceiro trimestre, organizaron unha actividade na que participaron as familias, contando contos:
martes, 12 de junio de 2018
MUNCYT e CASA DAS CIENCIAS-PLANETARIO
Hoxe, os alumnos/as de 1º e 2º de Primaria vistaron o MUNCYT ( Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía)
Pola tarde, visitaron a Casa das Ciencias e asistiron a unha sesión no Planetario.
Deixámosvos algunha fotos da saída:
CIRCUITOS DO ALUMNADO DE 6º EP
Neste último trimestre do curso, o alumnado de 6º curso de Primaria, coa axuda das súas familias, traballaron na elaboración de circuitos eléctricos.
Na entrada do colexio fixeron unha exposición con todos os traballos e, por grupos de clase, foron explicando que eran, como funcionaban,...
Deixámosvos o enlace á entrada do blog ELADIATERCERCICLO no que podedes ver moitas máis fotos.
ONDAS DE ILUSIÓNS
Os alumnos e alumnas de 4º e 5º de Primaria participaron hoxe na segunda edición do programa educativo, que baixo o título "Ondas de Ilusións: Escolas do Mar", organiza GALP Golfo Ártabro Norte.
Este foi o plan da actividade:
E estas, algunhas fotos da saída:
viernes, 1 de junio de 2018
"LA MAGIA DE LA VIDA"
Algúns alumnos e alumnas de 6º de Primaria estiveron preparando unha representación para os nenos e nenas de Educación Infantil.
Esta representación, a levaron a cabo hoxe, na Hora de Ler, no patio cuberto.
Mostrámosvos unhas fotos e, tan pronto nos sexa posible, poñeremos o vídeo da representación.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)