sábado, 13 de octubre de 2018

RADIO CABANAS Nº 1 (11-10-18)

Primeiro programa de radio deste curso.

Programa de benvida para todos e todas os que se incorporaron ao noso colexio no mes de setembro.

Nesta ocasión contamos co seguinte equipo:

Presentadores:
ROI (6º) e ANTÍA (6º)
Coordinadora: 
CLAUDIA (6º)
Intérprete de linguaxe de signos:
LUCÍA (6º)
Técnicos: 
IRENE (6º) e CAROLINA (6º)
Participantes: 
alumnado de 6º de Primaria
Dirixido a todo o alumnado do centro









Para comezar, logo da presentación do equipo responsable, parabéns para todas/os os que estiveron de cumple dende o último programa (20 de xuño) ata o día de hoxe.
Despois, benvida ao alumnado novo deste curso e, tamén, ao profesorado:


O primeiro programa do curso, vai dirixido ao novo alumnado de 3 anos, así que, para eles, os nenos e nenas de 6º de Primaria prepararon a dramatización dun conto moi coñecido, pero cunha versión que vos vai sorprender, e que estivo xenial!:



A continuación, o alumnado de 3º de Primaria, interpretou acompañado por XABI e MARTA a canción "IMAGINE" de John Lennon:


E para rematar...
Recordades que na entrada anterior falámosvos de que LIBROUCHO estivera esta semana agochado polo colexio e que, cando o foron atopando os nenos e nenas dos diferentes cursos, esperábaos cunha adiviña? Pois ben, no programa de radio comprobamos se en todas as clases foron quen de solucionar as adiviñas... 
... e LIBROUCHO aínda nos tiña preparada outra sorpresa en forma de crebacabezas!



Así desvelamos cal vai ser o tema do proxecto anual deste curso:
"MERGÚLLATE NAS FRAGAS"

2 comentarios: