viernes, 20 de diciembre de 2019

viernes, 29 de noviembre de 2019

VISITA AO MUSEO CALDOVAL (MUGARDOS)

Hoxe, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria acudiu a MUGARDOS para visitar o Centro de Interpretación CALDOVAL e, tamén, o CEIP UNIÓN MUGARDESA.



miércoles, 27 de noviembre de 2019

"A NENA E O GRILO, MÁIS ALÓ"

Hoxe, o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, acudiu á Sede de Afundación de Ferrol para asistir á obra "A NENA E O GRILO: MÁIS ALÓ" de MAGÍN BLANCO:






lunes, 25 de noviembre de 2019

25N: VIOLENCIA CERO

Así de chulo quedou o mural co que representamos o noso rexeitamento á violencia:




miércoles, 20 de noviembre de 2019

VIOLENCIA CERO

Algo está tramando todo o cole... Que será?


jueves, 7 de noviembre de 2019

TEATRO: "ACUARIO" MARÍA CANOSA E OS GHAZAFELHOS

Hoxe, 7 de novembro, todo o alumnado de Infantil do noso cole, acudiu, xunto coas súas mestras ao Auditorio de Narón para asistir á representación da obra "ACUARIO", interpretada polo grupo GHAZAFELHOS, xunto con MARÍA CANOSA, autora do libro no que se basea a obra:










No blog da clase de 6º de Infantil, podedes atopar algunha foto máis e, tamén, os comentarios que fixeron as/os nenas/os sobre a obra. Pinchade aquí.

jueves, 31 de octubre de 2019

XOGOS NO PAVILLÓN

Estes son os xogos que houbo no pavillón:




E, aquí un montón de fotos:

miércoles, 30 de octubre de 2019

RADIO CABANAS Nº 1 (29-10-19)

Primeiro programa de Radio Cabanas deste curso e con novidades...
Estreamos a AULA DE USOS MÚLTIPLES!

Presentadores: CANDELA (6º) e HUGO MÉNDEZ (6º)
Coordinadora: NOA (6º)
Técnicos:  PAULA (6º) e  HUGO REY (5º)
Participantes: alumnado de 5º EI, 2º EP e 4º EP

Dirixido a todo o alumnado do centro

Deixámosvos os vídeos do programa:










viernes, 25 de octubre de 2019

jueves, 24 de octubre de 2019

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR 2019

Hoxe, 24 de outubro, conmemoramos o 


Pola mañá, cediño, en todas as clases do cole, recibimos unha carta de LIBROUCHO, a mascota da nosa biblioteca.


Aquí vos deixamos unha delas para que saibades o que nos contou:


E, por iso, na HORA DE LER, recibimos nas clases ás nenas e nenos de 6º de Primaria que fixeron hoxe de marabillosos CONTACONTOS:






martes, 22 de octubre de 2019

TEATRO: "PATAPATÚM"

Hoxe, o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria acudiu ao Pazo da Cultura de Narón para asistir á representación "PATAPATUM" da Compañía Elefante Elegante. 
Esta actividade está enmarcada na Mostra de Teatro de Narón.
Se pinchades na imaxe accederedes a máis información sobre o espectáculo:


miércoles, 16 de octubre de 2019

TEATRO: "LÁZARO DE TORMES"

Hoxe, 16 de outubro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria acudiu ao Pazo da Cultura de Narón para ver a representación "LAZARO DE TORMES" da Compañía Pedras de Cartón
Esta actividade enmárcase dentro da Mostra de Teatro que organiza o Concello de Narón.



viernes, 21 de junio de 2019

NATURÉZATE

Con este fantástico vídeo (no que o noso alumnado canta un rap sobre As Fragas do Eume) despedimos o proxecto do curso, que, a todas/os, nos fixo aprender moito sobre a natureza que nos rodea e o importante que é coidala.

sábado, 15 de junio de 2019

FEIRA PITEAS 2019

Chegou o día!

As nenas e nenos de 3º e 4º de Primaria foron presentar o seu proxecto sobre a auga á FEIRA PITEAS, acompañados por case todas/os  as/os profes do cole e por moitas familias, que se achegaron á Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
Foron 17 os coles participantes, 5 de Ferrolterra, entre os que nos atopábamos nós:
CEIP Isaac Peral de Ferrol, 
CEIP Plurilingüe Os Casais de Fene, 
CEIP Plurilingüe Ponte de Xuvia de Narón,
CEIP Plurilingüe Eladia Mariño de Cabanas
e CPI de Atios en Valdoviño. 

Entre as labores que tiña repartidas o noso alumnado, estaban as seguintes:
- Atender ás persoas que se achegaban, explicando en que consistiu todo o traballo realizado durante o proxecto, 
- Animar, ao público asistente, a participar nunha cata de auga, agasallándoos, logo, cun dos nosos mouchos.
- Facer varios experimentos con auga










Ademais, nun esceario dun lateral do edificio, MARTIÑA, AITANA, DANIELA, XOANA, PAULA, SUSANA, LUCÍA CRIADO e CARLOS (de 4º), presentaron ante a Conselleira de Educación, CARMEN POMAR, e o resto do público asistente, durante pouco menos de 7 minutos o proxecto.


Dende aquí queremos felicitar a este grupo, e por suposto, ao resto do alumnado de 3º e 4º, polo traballo tan ben feito, tanto no desnrolo do proxecto como na Feira.

NORABOA! Sodes xeniais!!

viernes, 7 de junio de 2019

GRAN ESTRENO: ÓPERA "HABITA E SUFRE"

Chegou o gran día!!
O alumnado de 5º curso de Primaria estreou a súa ópera "HÁBITA E SUFRE", como remate do seu traballo durante todo o curso nun proxecto LÓVA.

Como xa sabedes, tiñan organizadas tres representacións: dúas pola mañá para o alumnado do colexio e, unha pola tarde para as familias.

O lugar escollido para o estreno foi o salón de plenos do Concello de Cabanas, que ten un aforo reducido, de aí que tiveran que facer tres representacións diferentes.



Ao chegar, cada un dos grupos de espectadores, foi recibido por algunhas das compoñentes da compañía (relacións públicas) para dirixilo ao lugar onde ía ser a representación. Antes de entrar, os documentalistas mostraron un panel no que explicaban todo o que foron traballando ao longo do curso ata chegar á representación final. Tamén tiñan un vídeo no que se veía moito do traballo realizado.

Logo, ían distribuíndo ao público nas butacas para presenciar a obra.












Ao remate, saíron todas/os ao escenario e nos dixeron cales eran as súas profesións.


Tamén interpretaron unha canción todas/os xuntos.



Temos que darlles a nosa NORABOA polo traballo realizado durante todo o curso e polo moito que nos gustou a obra.
Deixámosvos o vídeo da obra completa: