lunes, 25 de febrero de 2019

RADIO CABANAS Nº 5 (22-2-19)


Presentadores:
DANIEL (6º) e SABELA FRAGA (5º)

Coordinadora: AINHOA (6º)

Intérprete de linguaxe de signos: ARIADNA (6º)

Técnicos: MARCOS (5º) e HELENA (6º)

Participantes: alumnado de 5º EI, 1º, 3º, 4º, 5º e 6º EP

Dirixido a todo o alumnado do centro.



O programa comezou coa presentación do equipo,  coa sección PARABÉNS e cunha breve reseña a San Valentín:



A continuación, o alumnado de 5º de Infantil (4 anos) participou no programa, explicando, cunhas sinxelas rimas, como facer POMPAS DE XABÓN, e mostraron como saben facelas coas mans:


Apartado do programa adicado a ROSALÍA DE CASTRO, coa participación de BREOGÁN, alumnado de 6º EP e de 1º EP:








 Algúns nenos e nenas, de 3º e 4º de Primaria, explicaron para todo o cole o proxecto que están desenvolvendo nas súas clases sobre a AUGA. Escoitade porque é moi interesante!!





Despois, as nenas e nenos de 5º de Primaria nos falaron do ENTROIDO en Galicia...


... e, tamén nos explicaron cal é o traballo que desempeña cada quen no proxecto LÓVA:


Para rematar o programa, o tempo nolo explicou XES:

lunes, 4 de febrero de 2019

RADIO CABANAS Nº4 (1-2-19)

Presentadores:
CAROLINA (6º) e DAVID (5º)
Coordinadora: LUCÍA (6º)
Intérprete de linguaxe de signos: 
CLAUDIA (6º)
Técnicos: UXÍA (5º) e TEO (6º)
Participantes: alumnado de 4º EI, 2º EP, 5º EP
Dirixido a todo o alumnado do centro.

O programa comezou coa presentación do equipo e cos parabéns a aqueles que cumpriron anos desde o programa anterior:



Logo, o alumnado de 3 anos, na súa primeira actuación na radio escolar, interpretou unha canción sobre o corpo:



A continuación, o alumnado de 2º de Primaria mostrounos de cantas formas diferentes podemos dicir "QUÉROTE" (esta actuación xa a fixeron no Festival de Nadal pero houbo problemas co son):



Despois, tendo en conta que esta semana se conmemorou o DÍA DA PAZ, unhas preguntiñas ao público sobre esta celebración.
E BREOGÁN falounos, na súa sección,  dunha guerra: a Segunda Guerra Mundial. Canto sabe e que ben nolo explicou!:



PEDRO de 6º de Primaria foi o encargado de contarnos como vai vir o tempo nos próximos días:


Para rematar o programa, todos os nenos e nenas do cole, acompañados aos instrumentos polo alumnado de 6º de Primaria, interpretaron a canción "UN MUNDO COLOR ROSA" composta polo profe Javier: