jueves, 21 de marzo de 2019

MONTE SEIXO, AS PONTES (21-3-19)

Esta mañá, fomos os de 3°e 4° ao Monte Seixo, onde os responsables forestais do Distrito 1 de Ferrol nos aprenderon a desfrutar do monte cos 5 sentidos.
Escoitamos o río e os paxaros, fixemos fragancias propias con prantas recollidas no camiño e tivemos que orientarnos cos ollos tapados.
Ademais, conmemorando o día da árbore, fixemos xogos sobre as súas necesidades para a supervivencia e prantamos castiñeiros e carballos. Moi agradecidas aos responsables que nos fixeron pasar unha mañá diferente e moi interesante.

O monte é de todos e o futuro noso... temos que facer por coidalo!

Temos un lote de fotos, así que vos deixamos un enlace para que as poidades ver, PINCHADE NA IMAXE:



No hay comentarios:

Publicar un comentario