jueves, 28 de marzo de 2019

VISITA A ETAP E EDAR (PROXECTO AUGA)

O martes 26, as nenas e nenos de 3º e 4º de Primaria  tivemos a oportunidade de visitar c@s técnic@s de Viaqua a ETAP (Estación de Tratamento de Auga Potable) e a EDAR (Estación Depuradora de Augas Residuais). Vimos o Ciclo completo que percorre a auga para chegar ás nosas casas e, despois de usala, como volve ao mar.
Agora sabemos que a meirande proporción de auga que sae das nosas billas en Cabanas provén do Manatial Chancela.

Vimos os pasos para potabilizar a auga:
- o decantador para quitar os residuos de xeito natural por gravidade;
- os filtros de area, imitando o xeito natural do planeta para que as augas turbias dos charcos saian tan claras nos manantiais;
- E, por último como lle engadían cloro, para garantizar a ausencia de bacterias e microorganismos. Agora sabemos que o cloro é inocuo para a saúde e que é símbolo salubridade na auga.
Un truco, o cloro disípase polo aire, o que notamos é o seu olor porque se está evaporando. Estamos seguros de que se a deixas reposar media hora antes de bebela ou a enfrías non notarás nada. 👍

Por outra banda, na EDAR vimos que fan para tratar a auga xa utilizada nas nosas casas. Primeiro un pretratamento para quitar os rediduos máis grandes: principalmente toallitas, plásticos, aceites e deterxentes. Despois fan unha Depuración Biolóxica sen elementos químicos, é dicir, con microorganismos para eliminar as bacterias.... Como dicía algún compañeiro bichiños bons para comer aos malos 😅.
Por último a decantan para que vaia o máis clara posible de volta ao mar.
Sae tan clariña que parece auga potable.... Pero non é!!

E así foi a nosa interesante visita ás Estacións da Auga, onde aprendimos sobre consumo intelixente, e onde nos decatamos qie temos que pedir aos nosos maiores que teñan coidado co que tiran polo váter e polo fregadeiro... Non queremos un mar cheo de toallitas e aceites!! Axudádesnos a conseguilo?

Queremos agradecer ao Equipo de Viaqua a súa atención e explicación na nosa visita.

Deixámosvos o enlace ás fotos das visitas (pinchade na foto):




No hay comentarios:

Publicar un comentario