martes, 30 de abril de 2019

I CONCURSO DE PODCAST DE RADIO

Educación convoca o primeiro concurso de Podcast de radio elaborados na biblioteca escolar

O certame, organizado en colaboración coa Radio Galega, ten como obxectivo estimular o coñecemento e difusión do patrimonio cultural galego, ao tempo que se afonda no uso da radio na biblioteca como ferramenta pedagóxica.
Un grupo de nenas de 4º de Primaria (XOANA, MARTIÑA, ALBA, DANIELA, CARLA e INÉS) participan neste concurso cun podcast que se titula:
(podedes escoitalo se pinchades no título)
que recolle a lenda da orixe das Fragas do Eume, eixe vertebrador do traballo de
todo o colexio durante o curso 2018-19: As lendas e a Fraga do Eume. Tamén contén unha reflexión polo respecto ao medio ambiente como fonte de vida e legado para as xeracións que veñen detrás.


Desexámoslles moita sorte no concurso, o fixeron moi ben!!

viernes, 26 de abril de 2019

REBUMBIO MATEMÁTICO

Hoxe, CAROLINA, MARTÍN e ROI de 6º de Primaria participaron no REBUMBIO MATEMÁTICO.
Xa vos contaremos como lles foi. De momento saíron contentos/a!









PROPOSTAS PARA A NOVA BIBLIOTECA ESCOLAR


Como xa todas/os sabedes, estamos en obras no colexio. 
Un dos cambios que imos ter, é o da BIBLIOTECA, que pasará para o que actualmente é o patio cuberto. Qué vos parece? Imos ter unha biblio bastante máis grande!!  (Fixádevos nos debuxos que vos mostramos)
Gustaríanos que toda a comunidade educativa, na medida do posible, participase no diseño da nosa nova biblioteca. Animádesvos?
Como vos gustaría que estivera decorada?

Onde colocaríades os elementos cos que xa contamos:

· Pantalla e proxector
· 3 ordenadores para uso do alumnado
· 1 ordenador para uso do profesorado
· Mesas para o alumnado
· Estanterías para os libros

Botádelle imaxinación e contádenos (con debuxos, fotos ou mesmo explicándoo con palabras nun sinxelo texto escrito) como vos gustaría que fora a biblioteca do cole.
Podedes empregar calquera tipo de soporte para presentarnos as vosas propostas.

Haberá un buzón, na entrada do cole para que poidades deixar as vosas ideas ata o 31 de maio.

Grazas anticipadas por participar!!

martes, 23 de abril de 2019

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Comezamos este terceiro trimestre conmemorando o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO.



Na entrada do cole colocamos unha pequena colección de libros novos.


Ademais, o último día do segundo trimestre, animamos ao alumnado para que hoxe trouxera ao colexio o seu libro favorito e viñeran caracterizados como o personaxe principal...




Moitas nenas e nenos viñeron cargadiños cos seus libros e algo máis...
(se pinchades en cada un dos cursos poderedes ver as súas fotos)


4º EI           5º EI         6º EI
1º EP         2º EP        3º EP
4º EP         5º EP        6º EP 





viernes, 12 de abril de 2019

RADIO CABANAS Nº 6 (12-4-19)

Programa monográfico sobre o proxecto da auga que están a desenvolver as nenas e nenos de 3º e 4º de Primaria.

Presentadores: XES (6º) e MAR (5º)
Coordinador: HUGO SAAVEDRA (6º)
Técnicos: CLAUDIA (6º) e DANIEL (5º)
Participantes: alumnado de 3º e 4º de Primaria
Dirixido a todo o alumnado do centro











Vídeos do programa:

















martes, 2 de abril de 2019

VISITA DE ADA ROMERO

Hoxe, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, tivo a oportunidade de participar nunhas sesións con ADA ROMERO, periodista que traballa na radio e que, ademais, e nai dunha alumna e un alumno do noso cole.

Deixámosvos unhas fotos e o enlace ao blog de eladiatercerciclo no que vos explican un pouco máis sobre esta visita.