Con motivo da celebración o día 30 de xaneiro do DÍA DA PAZ, no noso centro organizamos por unha parte, como o curso pasado, a carreira solidaria " Save the children" para recaudar fondos para os nenos de Níger, e por outra parte, decidimos que cada aula adicaría estas semanas a coñecer, estudar e facer un traballo sobre algunha persoa que fixera algo importante pola PAZ.
Así que aquí vai a lista dos seleccionados:
E.I. 3 anos: Rigoberta Menchú
E.I. 4 anos: Anónimos
E.I 5 anos: Unicef
EP 1º curso: Irene Sendler
EP 2º curso: Nelson Mandela
EP 3º curso: Teresa de Calcuta
EP 4ª curso:Médicos sen fronteiras
Ep 5º curso:Muhammad Yunus. O banqueiro dos pobres
EP 6º curso: Jody Williams. Minas antipersoa
Cos traballos realizados imos facer unha exposición na entrada da escola.
Xa veredes as fotos. Un saúdo.
lunes, 26 de enero de 2009
sábado, 24 de enero de 2009
Dende a Biblioteca Escolar do CEIP Eladia Mariño de Cabanas, o moucho Libroucho quere darvos a benvida a este novo espacio de comunicación. Esperamos que vos sexa de axuda e vos resulte interesante. Unha aperta a tod@s. Libroucho.
sábado, 17 de enero de 2009
CONCURSO:
NOME DA MASCOTA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
A biblioteca do noso centro, tiña unha mascota, un moucho, pero non tiña nome...
...con motivo da celebración, o 24 de outubro, do día da Biblioteca Escolar, convocamos entre o alumnado do noso centro un concurso para elixir o nome da mascota.
O nome que resultou elixido foi
O MOUCHO.....LIBROUCHO
Como agasallo pola participación no concurso, todos/as os alumnos/as do centro recibiron un sinxelo marcapáxinas co nome do moucho.
Grazas a todos/as por participar.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)