jueves, 23 de diciembre de 2010

FESTIVAL DE NADAL

E para rematar este primeiro trimestre aquí vos deixamos os videos do FESTIVAL DE NADAL, que este ano, por primeira vez, celebramos no pavillón...

lunes, 20 de diciembre de 2010

FINOLA E OS SEUS BONECOS

Hoxe, tivemos a sorte de ter con nós no colexio a FINOLA: unha ARTESANA con maiúsculas. Veu acompañada por moitas das súas obras de arte: os seus bonecos. Convertiuse así a entrada, do noso centro, nunha fermosa exposición:


Ademais, o alumnado de Primaria tivo a oportunidade de escoitala contar  como empezou neste traballo cos bonecos:

E para rematar, os nenos e nenas de 4º curso de EP, representaron para os compañeiros, e en especial para FINOLA, unha obra, que levaba por título "O ESPELLO", e na que participaban bonecos dela. Aquí vos deixamos o video. Disfrutádeo!!

viernes, 17 de diciembre de 2010

CONCERTO DIDÁCTICO: DÚO ARABESQUE

Iliá e María Keilín (compoñentes do dúo ARABESQUE) ofrecéronnos, hoxe, na aula de psicomotricidade do noso colexio, un concerto no que interpretaron obras de TCHAIKOWSKY. As obras pertencían ao "ALBUM PARA NIÑOS".


Aquí incluímos unha explicación da obra de Tchaikowsky:
Tchaikovsky
Album para los niños, Op 39

En una carta fechada el 30 de abril de 1878, escribía el compositor a su generosa mecenas y entusiasta admiradora, la multimillonaria, aunque sensible y refinada, madame Von Meck: «Tengo la intención de escribir un conjunto de piezas breves, de carácter sencillo y fácil, con títulos que puedan gustar a los niños, como hizo Schumann». Tchaikovsky se encontraba entonces en Kamenka, Ucrania, y compuso la obra entre mayo y agosto de aquel mismo año.
Es evidente que el punto de partida para estas 24 partituras dedicadas a los niños fue Schumann, pero no sus famosas Escenas de niños, sino el Album para la Juventud, con las que guardan más afinidad. Tchaikovsky escribió piezas sencillas, pero no tanto como para que pudieran ser tocadas por meros príncipiantes en el teclado.
Cada pieza está identificada, como se propuso el autor, con un título significativo que la música trata de describir o evocar. Algunos de los números están inspirados en melodías populares ucranianas, rusas, francesas e italianas, como por ejemplo «Canción rusa» (n° 11), «Canción italiana» (n° 15), «Canción napolitana» (n° 18 ), «Melodía antigua francesa» (n° 16) y «Canción popular» (n° 13), tema que ya había sido utilizado por Glinka en su Kamarinskaya.
En ciertas ocasiones varias piezas están interrelacionadas, como las números 6, 7 y 9, en las que se cuenta la historia de una muñeca que enferma, su entierro y la llegada a la casa de una nueva muñeca. Otras piezas muestran el gran sentido rítmico del compositor, con recreación de danzas como el vals (n° 8 ), la mazurca (n° 10) o la polca (n° 14).
En otros momentos del álbum se hace referencia a antiguos personajes del folclore ruso, como la bruja Babayaga (n° 20), se evocan cuentos contados por una anciana criada (n° 19 ) o bien se toma a los juguetes como protagonistas de la historia, como ocurre en la «Marcha de los soldaditos de plomo» (n° 5) o en la ya citada historia de las muñecas. En su conjunto estas piezas constituyen una excelente aportación al mundo del piano para los niños.

miércoles, 8 de diciembre de 2010

O MUNDO EN GALEGO

Acabamos de recibir no colexio un CD con xogos interactivos. Ven asinado pola editora OQO e polo programa de dinamización lingüística BOCABERTA da Secretería Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Nel atopamos unha serie de xogos basados en contos publicados por esta editora. Os contos son:
CARACOIS, OS TRES PORQUIÑOS, CROCO, MARILUZ AVESTRUZ, A GRANDE VIAXE E OS SETE CABRITOS.

                                         

jueves, 2 de diciembre de 2010

CONCERTO DA BANDA DO TERCIO NORTE

 Hoxe desfrutamos dunha excursión a FERROL.
Aínda que o tempo ameazaba malo, tivemos sorte e non choveu mentres visitabamos este edificio:
CUARTEL DE DOLORES

A nosa visita era para asistir a un CONCERTO DIDÁCTICO da Banda do Tercio Norte, pero ademais, obsequiáronnos cunha Exhibición con cans. Aquí vos deixamos a reportaxe gráfica para que a poidades ver.






Ademais, antes de marchar, o alumnado de 2º ciclo de Educación Primaria aproveitou para visitar a PORTA DE FONTELONGA, unha das antigas portas marítimas das murallas de Ferrol.

PORTA DE FONTELONGA

martes, 30 de noviembre de 2010

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O alumnado de Educación Infantil, repartidos en dous grupos, participou nunha sesión de Contacontos.

CONTACONTOS EI NOV - foto montaje

O alumnado de Educación Primaria participou nunha "GINKANA":

miércoles, 17 de noviembre de 2010

SEÑOR MUNDO, DIGAME?


O alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria,  asistiu, hoxe, no noso cole, á representación da obra "SEÑOR MUNDO, DIGAME?, interpretada pola compañía FACTORÍA TEATRO dentro do programa BOCABERTA da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

sábado, 6 de noviembre de 2010

MAGOSTO

Comezamos o día cunha obra de teatro: "EU CONTO, TI CANTAS":
EU CONTO, TI CANTAS - fotomontaje

A continuación, e aproveitando o bon tempo, saímos á parte traseira do edificio principal e comimos as ricas castañas!!

MAGOSTO EI - fotomontaje

Para rematar, cantamos todos xuntos, na entrada do cole a canción: " NON CHAS QUERO, NON CHAS QUERO..."

martes, 2 de noviembre de 2010

XOVES DE ESCOITA

Coa intención de mellorar a comprensión oral do alumnado do noso centro, iniciamos o programa "XOVES DE ESCOITA".

Aquí vos deixamos o programa do mes de novembro e decembro.





sábado, 30 de octubre de 2010

EXPOSICIÓN DO OUTONO

Xa chegou o outono ao noso colexio. E con el as súas froitas e, por suposto, os seus libros. Aquí tedes as fotos da exposición.

lunes, 25 de octubre de 2010

CORRE CORRE CABACIÑA

Achégase o SAMAÍN, e aquí aproveitamos para que lle botedes un vistazo a este video da canción do conto "Corre, corre cabaciña" ( aparece en "CONTOS EN CANTOS")



Aproveitamos para achegarvos RECURSOS PARA O SAMAÍN, recompilados polo CEIP Víctor Sainz:

domingo, 24 de octubre de 2010

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Este é o fermoso cartel que dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares, chegou ao noso centro, co lema: "UN MUNDO DE OPORTUNIDADES". Marina Seoane, é a súa ilustradora. Con el festexamos o Día das BIBLIOTECAS ESCOLARES.

lunes, 21 de junio de 2010

A FLOR MAIS GRANDE DO MUNDO

Para rematar o curso, aqui tedes un regalo: Un maravillosos conto de José Saramago, narrado por el, e musicado por Emilio Aragón. Todo un luxo. Disfrutádeo e ...
FELICES VACACIÓNS!!

jueves, 17 de junio de 2010

CONSELLOS PARA FACER BOS LECTORES

Seguindo as directrices dalgunhas das publicacións que sobre Bibliotecas Escolares editou o Goberno de Navarra (podedes acceder a elas premendo aquí), elaboramos un sinxelo díptico de consellos para crear bos lectores, así coma unha enquisa para que as propias familias valoren a súa implicación. Aquí a podedes ver. Esperamos que vos sexa útil.



miércoles, 16 de junio de 2010

O GALO KIRIKO

Está rematando o curso e os nosos alumnos e alumnas aínda están a facer das súas!!
Presentámosvos aquí as fotos do conto que representaron os de 6º  para o alumnado de Educación Infantil. Que ben o pasaron tod@s!!

jueves, 27 de mayo de 2010

XORNADA DE BENVIDA PARA OS ALUMNOS NOVOS

Hoxe, tivemos unha xornada especial...
Recibimos, no colexio, aos nenos e nenas que van vir para a aula de Educación Infantil de 3 anos o próximo curso. Viñeron, claro está cos seus pais, nais ou avós. Ademais de percorrer as instalacións do centro, estiveron na aula de 3 anos ( a súa, o curso que vén) e alí tiveron a sorte de que os nenos e nenas de 5 anos representaron para eles un conto: "A RATIÑA PRESUMIDA".
Aquí tedes as fotos:
!


Dende aquí lles queremos dar un forte aplauso a ANDREA B., PELAYO, ÁNGEL, LAURA, SARA, ANDREA G., ANTÓN, HUGO e ALONSO, porque o fixeron moi ben

lunes, 24 de mayo de 2010

XENTE NOVA

O pasado venres, repartimos, a todo o alumnado do centro, o nº 22 da nosa revista:

Se queredes acceder ao seu contido, pinchade neste enlace: "XENTE NOVA" Nº 22

viernes, 21 de mayo de 2010

4º... E ÚLTIMO DÍA...

Para rematar esta semana tan...ocupada, que menos que un Festival?
- Para empezar, o grupo "Airiños de Frade" amenizounos cas súas músicas e bailes,...,


- Logo uns alumnos de 5º curso, escenificaron unha sinxeliña situación: a unha oficiña de obxetos perdidos chega unha rapaza por ter perdido a súa lingua...
- Todo o alumnado de 5º curso, interpretou unha canción con moito ritmo...
- E por último, alumnos e alumnas do 3º curso de EP, recitaron unhas poesías de Uxíonovoneyra.

                                

E así, damos por finalizada a nosa IV Semana Cultural das Letras Galegas. Ata a próxima!!

jueves, 20 de mayo de 2010

3º DÍA DA SEMANA CULTURAL


2º EP 1º EP


EI 4 e 5 anos EI 3 anos

Hoxe, o alumnado de EI, e do 1º ciclo de EP, estiveron na aula de psicomotricidade con ANA, unha antiga alumna do centro e que forma parte do grupo de baile: "AIRIÑOS DE FRADE". Ana, ensinoulles diferentes instrumentos e como con eles se pode facer música...
Dende aquí, queremos agradecerlle a Ana o bo rato que nos fixo pasar a todos e as cousas que aprendimos.

miércoles, 19 de mayo de 2010

2º DÍA DA SEMANA CULTURAL

Actividades para todos os gustos:
- O alumnado de Educación Infantil, visitou a exposición da AA.VV. Olmo de Pontedeume, que ademais de invitarnos, nos agasallou cun lote de libros, que recolleron Laura e Antón de 5 anos de mans de Salvador Fernández Moreda, presidente da Deputación de A Coruña.

- O alumnado de 1º, 2º , 3º e 4º de Educación Primaria, asisitiron no comedor do centro a un obradoiro no que Isaura lles explicou e ensinou como se fai un queixo.

- O alumnado do 3º ciclo, iniciouse na elaboración de cestos. Axudoulles e explicoulles todo o proceso Rosa. Aquí tedes os alumnos e alumnas de 6º cas súas obras de arte.


martes, 18 de mayo de 2010

1º DÍA DA SEMANA CULTURAL

Hoxe o alumnado de Educación Infantil, e do 1º ciclo de Educación Primaria adornou o colexio cun maio e cunha alfombra de flores.




Despois do recreo, fomos todos pasear o maio ata o pavillón. Alí os nenos e nenas do 1º ciclo cantaron unha canción:

"... levántate maio que tanto durmiche, pasou o inverno e ti non o viche..."

A tradición dos maios é moi antiga, aquí vos mostramos neste video fotos de fai tempo que nos ilustran a canción "Aí ven o maio..." interpretada por Luís Emilio Batallán.



Logo fomos á aula de psicomotricidade para ver unha presentación en Power Point que preparamos no centro, e que levaba por título: "O lugar onde vivimos". Fai unhas semanas, lles mandamos a todos os alumnos e alumnas do colexio unha nota para que dende as súas casas colaboraran connosco enviándonos fotos do lugar onde viven, e de aqueles elementos do contorno que consideraran interesantes. Foron chegando diferentes fotografías e con elas preparamos a presentación. Pretende ser o inicio dunha actividade a desenrolar durante próximos cursos ca intención de que o alumnado coñeza o seu entorno mais próximo, se interese por el e o valore.

Aquí vos deixamos ca parte xeral da presentación, a que nos explica onde estamos situados e cales son as diferentes parroquias que conformas o noso Concello. Esperamos que vos guste.

jueves, 13 de mayo de 2010

O PARRULO FEO

Hoxe desfrutamos todo o alumnado do cole dunha xenial sesión de títeres. Xan Pérez, da compañía TRES GLOBOS, ( que xa estivera noutras ocasións no noso centro, cas obras: "PEDRO E O LOBO", e "O SAPO ENCANTADO") deleitounos ca obra "O PARRULO FEO".

Aquí vos deixamos unhas fotos:


miércoles, 12 de mayo de 2010

IV SEMANA CULTURAL LETRAS GALEGAS 2010

Aquí vos deixo o díptico informativo da nosa, xa!!, IV Semana Cultural, (este curso reducida a catro días polo festivo). Xa vos iremos contando e ilustrando as diferentes actividades...




lunes, 10 de mayo de 2010

UXÍO...

Seguimos recibindo traballos marabillosos doutras bibliotecas...
Este chega dende O SEGREL DO PENEDO, do IES de FENE, aínda que preparada esta presentación pola Biblioteca Do CEIP MILLADOIRO DE MALPICA.
E aquí a Escolma poética que elaboraron tamén no SEGREL DO PENEDO...


Dende o IES de ARZÚA, chega esta homenaxe a UXÍO NOVONEYRA a través da flora do Caurel...



E aquí, desde o CPI O PROGRESO, frases de Uxío ...

Desde aquí, queremos felicitar a todos os centros que participan elaborando todos istes materiais. E sobre todo, grazas por compartilos.

viernes, 23 de abril de 2010

E CHEGOU O DÍA...

Sí, chegou o "DÍA DO LIBRO", e con el dúas actividades ao noso centro:

1.-Tivemos a sorte de contar con MIGUEL, BLANCA, JAVI e REBECA, que viñeron á nosa Biblioteca para contarlles un conto ao alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria. Son do Centro de Formación da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG).
O conto titulábase "NON QUERO VERTE MAIS!", Miguel e Blanca, que son xordos, nolo contaron na súa linguaxe de signos, e mentres Javi e Rebeca, íanos interpretaban os xestos en palabras.
Logo vimos un vídeo, titulado " O SOÑO DE PEDRO".
Foi unha experiencia moi bonita: daba gusto ver como todos os nenos e nenas, mais grandes e mais pequenos, atenderon ao conto e como ao saír todos dicían que lles encantara!
Posiblemente sexa unha actividade que repetiremos en próximos cursos. Aquí tedes unhas fotos:

2.- Entrega de diplomas e agasallos ao alumnado que participou durante o segundo trimestre no concurso "CON LIBROUCHO APRENDEMOS".
Rematou o concurso, e os nenos e nenas participantes foron entregando os seus traballos... O xurado decidiu cales eran os mellores traballos de todos. Foi un pouco difícil, porque todos/as traballaron moito. Aquí tedes a foto recordo do acto:

Noraboa a todos e todas!!

PARA QUE LES?

Áquí tedes unha presentación cos traballos que por clases fixeron os nosos alumnos.





E aquí o documento creado polo CEIP Milladoiro de Malpica con respostas de xente, coñecida e non tanto, á pregunta Para que les?

jueves, 22 de abril de 2010

LEER.ES

Presentámosvos aquí unha páxina creada polo Ministerio de Educación y Ciencia: leer.es

Animádevos a visitala, porque nela podedes atopar de todo: ten páxinas específicas para familias e profes: videos, ideas para facer bos lectores, xogos,..., e moitas outras cousas que deberedes descubrir. A ver se vos gusta.

miércoles, 21 de abril de 2010

LETRAS, LETRAS, LETRAS,...

Xa sabemos que serven para escribir e contar moitas cousas,... aquí tedes outra aplicación mais. Coñecémolo dende O RECANTO DE MIK

ENLACES LIM

Dende o CEIP FRIAN - TEIS de VIGO, chégannos estes xogos LIM con actividades sobre a flora e fauna do CAUREL. Están baseados nun conto de UXÍO NOVONEYRA que se titula: " Ilda, o corzo, o lobo e o xabarín". O primeiro, nolo recomendan para EI e 1º ciclo de EP; o segundo para o 2º e 3º ciclo de EP. Animo!!


martes, 20 de abril de 2010

Esta é a gran pregunta...e ante grandes preguntas, grandes respostas...
Mentres agardamos a que todo o alumnado do centro participe, deixovos para que leades as respostas que nos chegaron desde o Concello, logo de que solicitásemos a súa colaboración...

( Se queredes ver os documentos a maior tamaño, só tedes que clickar enriba deles)

miércoles, 14 de abril de 2010

ABRIL: MES DOS LIBROS...

Xa estamos chegando á metade deste mes tan "libreiro". No noso centro, estamos moi atarefados organizando unha exposición para o Día do Libro. Hai unha actividade, chamada Para que les?, na que participan moitas das Bibliotecas Escolares Galegas, e nós, por suposto, tamén. A actividade surxiu a partires do blog de Implicadas no Desenvolvemento.
De momento, temos repartidas polas paredes do colexio, moitas das respostas que diron a esta pregunta, xente coñecida, e non tan coñecida, para que as poidamos ler.


Despois, en cada aula, alumnado e profesorado elaborarán as súas propias respostas, para completar así a exposición.
Desde aquí queremos agradecer a todas as persoas que traballan nas BIBES (Bibliotecas Escolares Galegas) as súas aportacións, e todos os seus traballos. Por certo, para que poidades ver moitos dos traballos que realizan, na barra da dereita, tedes un enlace que vos pode levar a visitar os blogues das Bibliotecas dos Centros de Primaria.

martes, 13 de abril de 2010

UXÍO NOVONEIRA

O Día das Letras Galegas, deste ano 2010, está adicado ó poeta UXÍO NOVONEIRA. Para que vaiades coñecendo algunhas cousiñas da súa vida e da súa obra, aquí vos deixamos un enlace a unha WEBQUEST que elaboraron no CEIP de ANDRADE. Desde aquí a nosa felicitación por este traballo.

E ademais, este enlace da coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística con moita información sobre este escritor