jueves, 16 de mayo de 2013

"CANTOS CONTOS CONTAS!"


Hoxe desfrutamos no colexio dunha actuación moi especial. A compañía de Títeres TITEREFICCIÓS, representou para nós a obra 


"CANTOS CONTOS CONTAS!".

Sofía e Roberto fixéronnos pasar unha mañá moi divertida. Dende aquí queremos agradecer a súa presencia para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

martes, 14 de mayo de 2013

VIIª SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Entre as actividades coas que imos celebrar esta VIIª semana cultural temos:
- Unha obra de teatro que leva por título "O MONSTRO DE RÍO CASTRO" creada e interpretada polo alumnado de 5º de Educación Primaria.
Aquí tedes unhas fotos dunha das súas representacións:


- Un obradoiro de XOGOS TRADICIONAIS.
- Unha representación a cargo do grupo TITEREFICCIÓS que leva por título: "CANTOS CONTOS CONTAS" (representación prevista para o día 16 de maio).
- Un concerto instrumental, polo alumnado do colexio, que se titula: " A SORPRESA DE HAYDN".
Xa vos iremos mostrando fotos de cada actividade.

CONCURSO LETRAS GALEGAS 2013. TRABALLOS

Xa temos expostos, polas paredes do colexio, os traballos que fixeron os alumnos e alumnas do colexio para participar no concurso deste ano.
Educación Infantil:
4º EI:  ilustraron un breve texto da obra que leva por título "TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL"*
5º EI:  ilustraron un fragmento da obra "LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES"*
6º EI: cada alumno/a elaborou un retrato de Roberto Vidal Bolaño.


Educación Primaria:
1º EP: Escribiron e ilustraron o poema "O SOL E A LÚA"*
2º EP: Escribiron o poema "TOUPORROUTOU"* acompañado de pictogramas
3º EP: Realizaron ilustracións a partires de títulos de obras de Roberto Vidal Bolaño.
4º EP: Elaboraron variacións a partires do texto "ANIMALIÑOS"*
5º EP: Elaboraron caricaturas de todos os homenaxeados do Día das Letras Galegas.
6ºEP: Elaboraron proxectos bibliográficos sobre Roberto Vidal Bolaño.
(* Todas as obras mencionadas son de Roberto Vidal Bolaño)

jueves, 2 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013

Como xa saberedes, este ano, o Día das Letras Galegas, está adicado a 

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Para que poidades acceder a diferentes páxinas con información sobre el, aquí tedes:

Aquí tedes mais recursos:
1. LIM elaborado no CEIP Vales Villamarín de Betanzos
2. LIM elaborado no CEIP Plurilingüe A Pedra de Bueu