viernes, 21 de junio de 2019

NATURÉZATE

Con este fantástico vídeo (no que o noso alumnado canta un rap sobre As Fragas do Eume) despedimos o proxecto do curso, que, a todas/os, nos fixo aprender moito sobre a natureza que nos rodea e o importante que é coidala.

sábado, 15 de junio de 2019

FEIRA PITEAS 2019

Chegou o día!

As nenas e nenos de 3º e 4º de Primaria foron presentar o seu proxecto sobre a auga á FEIRA PITEAS, acompañados por case todas/os  as/os profes do cole e por moitas familias, que se achegaron á Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
Foron 17 os coles participantes, 5 de Ferrolterra, entre os que nos atopábamos nós:
CEIP Isaac Peral de Ferrol, 
CEIP Plurilingüe Os Casais de Fene, 
CEIP Plurilingüe Ponte de Xuvia de Narón,
CEIP Plurilingüe Eladia Mariño de Cabanas
e CPI de Atios en Valdoviño. 

Entre as labores que tiña repartidas o noso alumnado, estaban as seguintes:
- Atender ás persoas que se achegaban, explicando en que consistiu todo o traballo realizado durante o proxecto, 
- Animar, ao público asistente, a participar nunha cata de auga, agasallándoos, logo, cun dos nosos mouchos.
- Facer varios experimentos con auga










Ademais, nun esceario dun lateral do edificio, MARTIÑA, AITANA, DANIELA, XOANA, PAULA, SUSANA, LUCÍA CRIADO e CARLOS (de 4º), presentaron ante a Conselleira de Educación, CARMEN POMAR, e o resto do público asistente, durante pouco menos de 7 minutos o proxecto.


Dende aquí queremos felicitar a este grupo, e por suposto, ao resto do alumnado de 3º e 4º, polo traballo tan ben feito, tanto no desnrolo do proxecto como na Feira.

NORABOA! Sodes xeniais!!

viernes, 7 de junio de 2019

GRAN ESTRENO: ÓPERA "HABITA E SUFRE"

Chegou o gran día!!
O alumnado de 5º curso de Primaria estreou a súa ópera "HÁBITA E SUFRE", como remate do seu traballo durante todo o curso nun proxecto LÓVA.

Como xa sabedes, tiñan organizadas tres representacións: dúas pola mañá para o alumnado do colexio e, unha pola tarde para as familias.

O lugar escollido para o estreno foi o salón de plenos do Concello de Cabanas, que ten un aforo reducido, de aí que tiveran que facer tres representacións diferentes.



Ao chegar, cada un dos grupos de espectadores, foi recibido por algunhas das compoñentes da compañía (relacións públicas) para dirixilo ao lugar onde ía ser a representación. Antes de entrar, os documentalistas mostraron un panel no que explicaban todo o que foron traballando ao longo do curso ata chegar á representación final. Tamén tiñan un vídeo no que se veía moito do traballo realizado.

Logo, ían distribuíndo ao público nas butacas para presenciar a obra.












Ao remate, saíron todas/os ao escenario e nos dixeron cales eran as súas profesións.


Tamén interpretaron unha canción todas/os xuntos.



Temos que darlles a nosa NORABOA polo traballo realizado durante todo o curso e polo moito que nos gustou a obra.
Deixámosvos o vídeo da obra completa:

CARREIRA SOLIDARIA DA AUGA

Por motivos meteorolóxicos houbo que cambiar o lugar da Carreira. En vez de baixar ao piñeiral, fomos ao pavillón.   Alí, xa estaba preparado o circuíto a seguir e colocadas a SAÍDA e a META. Estes carteis os estiveron preparando, os días anteriores, as nenas e nenos de 6º.

A Carreira desenvolveuse da seguinte forma:
Por cursos, empezando polos máis pequenos, xunto cos familiares ou amigos que os quixeran acompañar, tiñan que correr polo circuíto o número de voltas previsto. Como xa supoñeredes canto máis maiores máis voltas.

Aquí vos deixamos unhas fotos da actividade: