viernes, 25 de junio de 2021

FIN DE CURSO CON XOAN CURIEL E A BANDA DO VERÁN

Como remate para este curso, tivemos o concerto de XOAN CURIEL e A BANDA DO VERÁN (actividade organizada polo Concello de Cabanas).

 Polo mal tempo, tivo que ser no pavillón, onde nos dispuxemos por grupos-clase, para poder desfrutar desta festa de fin de curso.

Se pinchades na imaxe poderedes ver máis fotos!

lunes, 21 de junio de 2021

MURAL DAS EMOCIÓNS

Hoxe, despois do recreo, todo o alumnado do colexio, acompañado polo profesorado, por representantes do Concello e por persoal do CFR de Ferrol, asistiu á inauguración do MURAL DAS EMOCIÓNS, que CESTOLA NA CACHOLA pintou na parede do pavillón:








Como remate do acto, interpretamos (tamén en linguaxe de signos) todas/os a canción "CHEA DE VIDA" de Guadi Galego que dende fai uns anos serve de lema do noso cole:
"UN COLE CHEO DE VIDA E DE EMOCIÓNS"



O mural aínda non está rematado, cando estea compartiremos fotos .

RADIO CABANAS: ESPECIAL FIN DE CURSO

1ª PARTE:


2ª PARTE (despedida alumnado de 6º EP):




lunes, 7 de junio de 2021