viernes, 12 de abril de 2019

RADIO CABANAS Nº 5 (12-4-19)

Programa monográfico sobre o proxecto da auga que están a desenvolver as nenas e nenos de 3º e 4º de Primaria.

Presentadores: XES (6º) e MAR (5º)
Coordinador: HUGO SAAVEDRA (6º)
Técnicos: CLAUDIA (6º) e DANIEL (5º)
Participantes: alumnado de 3º e 4º de Primaria
Dirixido a todo o alumnado do centro











Vídeos do programa:

















martes, 2 de abril de 2019

VISITA DE ADA ROMERO

Hoxe, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, tivo a oportunidade de participar nunhas sesións con ADA ROMERO, periodista que traballa na radio e que, ademais, e nai dunha alumna e un alumno do noso cole.

Deixámosvos unhas fotos e o enlace ao blog de eladiatercerciclo no que vos explican un pouco máis sobre esta visita.










jueves, 28 de marzo de 2019

VISITA A ETAP E EDAR (PROXECTO AUGA)

O martes 26, as nenas e nenos de 3º e 4º de Primaria  tivemos a oportunidade de visitar c@s técnic@s de Viaqua a ETAP (Estación de Tratamento de Auga Potable) e a EDAR (Estación Depuradora de Augas Residuais). Vimos o Ciclo completo que percorre a auga para chegar ás nosas casas e, despois de usala, como volve ao mar.
Agora sabemos que a meirande proporción de auga que sae das nosas billas en Cabanas provén do Manatial Chancela.

Vimos os pasos para potabilizar a auga:
- o decantador para quitar os residuos de xeito natural por gravidade;
- os filtros de area, imitando o xeito natural do planeta para que as augas turbias dos charcos saian tan claras nos manantiais;
- E, por último como lle engadían cloro, para garantizar a ausencia de bacterias e microorganismos. Agora sabemos que o cloro é inocuo para a saúde e que é símbolo salubridade na auga.
Un truco, o cloro disípase polo aire, o que notamos é o seu olor porque se está evaporando. Estamos seguros de que se a deixas reposar media hora antes de bebela ou a enfrías non notarás nada. 👍

Por outra banda, na EDAR vimos que fan para tratar a auga xa utilizada nas nosas casas. Primeiro un pretratamento para quitar os rediduos máis grandes: principalmente toallitas, plásticos, aceites e deterxentes. Despois fan unha Depuración Biolóxica sen elementos químicos, é dicir, con microorganismos para eliminar as bacterias.... Como dicía algún compañeiro bichiños bons para comer aos malos 😅.
Por último a decantan para que vaia o máis clara posible de volta ao mar.
Sae tan clariña que parece auga potable.... Pero non é!!

E así foi a nosa interesante visita ás Estacións da Auga, onde aprendimos sobre consumo intelixente, e onde nos decatamos qie temos que pedir aos nosos maiores que teñan coidado co que tiran polo váter e polo fregadeiro... Non queremos un mar cheo de toallitas e aceites!! Axudádesnos a conseguilo?

Queremos agradecer ao Equipo de Viaqua a súa atención e explicación na nosa visita.

Deixámosvos o enlace ás fotos das visitas (pinchade na foto):




martes, 26 de marzo de 2019

AQUARIUM FINISTERRAE

Hoxe, o alumnado de 1º e 2º de Primaria visitou en A Coruña o 
AQUARIUM FINISTERRAE
 (pinchade na foto grande e accederedes ás fotos)

jueves, 21 de marzo de 2019

MONTE SEIXO, AS PONTES (21-3-19)

Esta mañá, fomos os de 3°e 4° ao Monte Seixo, onde os responsables forestais do Distrito 1 de Ferrol nos aprenderon a desfrutar do monte cos 5 sentidos.
Escoitamos o río e os paxaros, fixemos fragancias propias con prantas recollidas no camiño e tivemos que orientarnos cos ollos tapados.
Ademais, conmemorando o día da árbore, fixemos xogos sobre as súas necesidades para a supervivencia e prantamos castiñeiros e carballos. Moi agradecidas aos responsables que nos fixeron pasar unha mañá diferente e moi interesante.

O monte é de todos e o futuro noso... temos que facer por coidalo!

Temos un lote de fotos, así que vos deixamos un enlace para que as poidades ver, PINCHADE NA IMAXE:



lunes, 11 de marzo de 2019

CONMEMORACIÓN DO 8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

Hoxe, 7 de marzo, véspera do DÍA DA MULLER, tivemos a visita da cantautora SOFÍA ESPIÑEIRA.

Mentres estaba a preparar o necesario para a súa actuación, na entrada do cole, as nenas e nenos de 3 e 4 anos achegáronse  a curiosear...
















Ás 11, estivo co alumnado de 5º de Primaria, que como xa sabedes, están traballando no seu proxecto LÓVA, e falaron co Sofía do seu traballo, das súas actuacións,...

Despois do recreo, todo o alumnado do centro dispúxose na entrada para escoitar as cancións que Sofía traía preparadas:












Ao remate da súa actuación, foi o turno de CAXOTO que nos contou un conto moooooooi divertido!!



Estas actividades, coas que conmemoramos o DÍA DA MULLER, foron organizadas coa colaboración do Concello.

viernes, 1 de marzo de 2019

FESTIVAL ENTROIDO 2019: "MERGÚLLATE NAS FRAGAS"

Fotos do festival:


Desfile final do festival:

lunes, 25 de febrero de 2019

RADIO CABANAS Nº 4 (22-2-19)


Presentadores:
DANIEL (6º) e SABELA FRAGA (5º)

Coordinadora: AINHOA (6º)

Intérprete de linguaxe de signos: ARIADNA (6º)

Técnicos: MARCOS (5º) e HELENA (6º)

Participantes: alumnado de 5º EI, 1º, 3º, 4º, 5º e 6º EP

Dirixido a todo o alumnado do centro.



O programa comezou coa presentación do equipo,  coa sección PARABÉNS e cunha breve reseña a San Valentín:



A continuación, o alumnado de 5º de Infantil (4 anos) participou no programa, explicando, cunhas sinxelas rimas, como facer POMPAS DE XABÓN, e mostraron como saben facelas coas mans:


Apartado do programa adicado a ROSALÍA DE CASTRO, coa participación de BREOGÁN, alumnado de 6º EP e de 1º EP:








 Algúns nenos e nenas, de 3º e 4º de Primaria, explicaron para todo o cole o proxecto que están desenvolvendo nas súas clases sobre a AUGA. Escoitade porque é moi interesante!!





Despois, as nenas e nenos de 5º de Primaria nos falaron do ENTROIDO en Galicia...


... e, tamén nos explicaron cal é o traballo que desempeña cada quen no proxecto LÓVA:


Para rematar o programa, o tempo nolo explicou XES:

lunes, 4 de febrero de 2019

RADIO CABANAS Nº3 (1-2-19)

Presentadores:
CAROLINA (6º) e DAVID (5º)
Coordinadora: LUCÍA (6º)
Intérprete de linguaxe de signos: 
CLAUDIA (6º)
Técnicos: UXÍA (5º) e TEO (6º)
Participantes: alumnado de 4º EI, 2º EP, 5º EP
Dirixido a todo o alumnado do centro.

O programa comezou coa presentación do equipo e cos parabéns a aqueles que cumpriron anos desde o programa anterior:



Logo, o alumnado de 3 anos, na súa primeira actuación na radio escolar, interpretou unha canción sobre o corpo:



A continuación, o alumnado de 2º de Primaria mostrounos de cantas formas diferentes podemos dicir "QUÉROTE" (esta actuación xa a fixeron no Festival de Nadal pero houbo problemas co son):



Despois, tendo en conta que esta semana se conmemorou o DÍA DA PAZ, unhas preguntiñas ao público sobre esta celebración.
E BREOGÁN falounos, na súa sección,  dunha guerra: a Segunda Guerra Mundial. Canto sabe e que ben nolo explicou!:



PEDRO de 6º de Primaria foi o encargado de contarnos como vai vir o tempo nos próximos días:


Para rematar o programa, todos os nenos e nenas do cole, acompañados aos instrumentos polo alumnado de 6º de Primaria, interpretaron a canción "UN MUNDO COLOR ROSA" composta polo profe Javier:



miércoles, 30 de enero de 2019

TRATAMENTO DE RESIDUOS (APARELLOS ELECTRICOS E ELECTRÓNICOS)

Hoxe, as alumnas e alumnos de 3º e 4º de Primaria participaron na campaña que organizou a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para concienciar sobre a necesidade de defender o noso planeta da contaminación, do abuso dos recursos naturais e das malas prácticas que poñen en perigo o noso medio.

Por iso, aparecen OS ELECTRECOS, que son os BOLECHAS convertidos en Superheroes da reciclaxe de RAEE (residuos de aparellos eléctricos e electrónicos)

(se pinchades na imaxe accederedes á súa páxina web)