jueves, 24 de diciembre de 2009

NADAL

FELIZ NADAL
E
PRÓSPERO ANO NOVO!!!

jueves, 10 de diciembre de 2009

10 DE DECEMBRO: DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Ilustramos este día cun fermoso cartel que nos chega dende a Biblioteca do CEIP de Pazos




Para aprender xogando, Aquí tedes o Xogo dos dereitos humanos


E ademais, dende a  Bibloteca do CEIP de Andrade chega esta WEBQUEST

miércoles, 2 de diciembre de 2009

LIBRO DO OUTONO

Nunha entrada anterior vos ensinamos o contido do libro que entre todo o alumnado do colexio fixeron sobre o outono. Tamén vos comentabamos que nos faltaba o título. Pois, xa o temos:
"O OUTONO E AS SÚAS MARABILLAS"
A idea foi de ALEXIA, unha alumna de 5º curso de Primaria.
Grazas a tod@s os que participaron no concurso.

viernes, 27 de noviembre de 2009

O NOSO LIBRO SOBRE O OUTONO

Nunha entrada anterior, na que falabamos sobre o Magosto, comentamos que entre todo o alumnado do centro decidimos facer un LIBRO SOBRE O OUTONO. Aquí tedes as fotos:





Fáltanos un detalle: o título. Fixemos un sinxeliño concurso para escollelo.

                                                      

Pronto vos direi cal foi o elixido!!

miércoles, 25 de noviembre de 2009

25 DE NOVEMBRO, CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Neste día sumámonos a todalas reivindicacións que desde as Bibliotecas Escolares se propoñen. Como ilustración, este lazo que atopamos  na Biblioteca do CEIP de Pazos.


viernes, 20 de noviembre de 2009

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DE NENOS E NENAS

Hoxe 20 de novembro celebramos o día Internacional dos dereitos de nenos e nenas.No noso colexio, alá polo mes de xaneiro, coincidindo coa celebración do Día da Paz, entre todo o alumnado do centro elaboramso un libro: cada curso tiña que facer o seu traballo sobre algunha persoa, entidade,... que traballara pola PAZ. Concretamente, a clase de Educación Infantil de 5 anos, escolleu traballar sobre UNICEF.Aquí tedes o seu traballo, a destacar no día de hoxe.


( Facede click enriba da imaxe e poderedes vela mais grande)



lunes, 16 de noviembre de 2009

BIBLIOTECA DE LIBROS FANTÁSTICOS

Visitando o blogue dos nosos veciños do IES de Fene, O SEGREL DO PENEDO, atopamos esta entrada que nos parece moi interesante. Infórmanos de que na Casa da Cultura de Fene, podemos visitar unha exposición que leva por título: "BIBLIOTECA DE LIBROS FANTÁSTICOS", obra de Carme Domech,escritora e membro da compañía TÍTERES CACHIRULO.



lunes, 2 de noviembre de 2009

CELEBRANDO O OUTONO

O próximo venres, 6 de novembro celebraremos na escola o tradicional Magosto.
Ademais de comer castañas, imos poder disfrutar da actuación do grupo A XANELA DO MAXÍN, que nos ofrecerán un dos seus espectáculos, que leva por título:

Durante esta semana, nas clases, imos traballar coas cabazas, das que faremos unha exposición ó final da semana.

Ademais, entre todos os alumnos e alumnas do cole estamos a preparar un libro sobre o outono: os cogomelos, o millo, adiviñas, as cores do outono, o porquiño,...

Visitade AS LECTURAS DE LIBROUCHO, alí atoparedes algún libro e algunha sorpresa sobre as cabazas...

miércoles, 28 de octubre de 2009

NOVAS LECTURAS, NOVOS LECTORES


Este foi o título xeral das XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA 2009, que se celebraron os días 23 e 24 en Santiago de Compostela, no Pazo de Congresos. Asistimos arredor de 1200 persoas, relacionadas dunha ou outra forma cas Bibliotecas Escolares. Foi unha oportunidade que nos brindan desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares, para achegarnos e escoitar unhas conferencias que sempre resultan interesantes e impartidas por xente de moita valía, como Daniel Cassany, Glòria Durban, Tíscar Lara, Guadalupe Jover e Luís Iza. Cada un deles aportou, desde a súa perspectiva, información valiosa para o noso traballo. Parabéns a todos eles, e por suposto aos organizadores/as das Xornadas. Grazas a todos/as , e especialmente a Pilar e Cristina, que sempre están aí.

Ademais, por se queremos volver a escoitar a algún dos ponentes, xa subiron a RedeBe os materiais e os vídeos das Xornadas.

miércoles, 21 de octubre de 2009

VOLVE CHIRLO MERLO!!

Que alegría acabamos de levar!!

Co ben que o temos pasado escoitando e vendo os contos de Chirlo Merlo!!

Pois aquí tedes un enlace que a moitos vos vai gustar e no que seguramente irán aparecendo moitos dos personaxes dos contos. Disfrutádeos!!

viernes, 9 de octubre de 2009

COMO MOLA SER MONICREQUE!!!

Como xa vos comentamos nunha entrada anterior,onte, 8 de outubro, tivemos a sorte de poder disfrutar no cole dunha actuación xenial.

O grupo MATAPIOLLOS representou para nós:


"A REBELIÓN DO MONICREQUE"

(A historia é a duns monicreques chamados TRAPOS e ANTEOLLOS. Un deles non estaba moi contento de ser monicreque... )


Aquí tedes algunhas fotos. Esperamos que vos gusten!!!

jueves, 1 de octubre de 2009

NOVOS CARNETS DA BIBLIOTECA!!!


Xa casi están listos!

Cada clase os ten dunha cor diferente. Fixémolos un pouquiño grandes para que tamén nos sirvan de marcapáxinas.
Ademais de aparecer o moucho Libroucho, aparece o nome de cada un dos nenos/as e un número.
O catálogo dos libros que temos na nosa biblioteca está publicado no PROGRAMA MEIGA, ó que podedes acceder pinchando no seu nome, ou ben, pinchando na imaxe que hai na parte superior do blogue, á dereita.
Este programa permítenos, ademais, acceder a unha serie de recursos electrónicos, para os que necesitamos empregar o noso nome e o número do noso carnet.
Logo de entrar no Programa, na columna da esquerda, baixando, hai un apartado que di Recursos web, e debaixo del un que dí Recursos electrónicos. Si pinchamos neste, accedemos a unha serie de enciclopedias e enlaces que vos poden resultar interesantes.
Para permitirvos entrar pídevos que escribades:
Código de usuario: ( escribides o número do voso carnet)
Contrasinal: (escribides o voso nome)
Agora, xa tedes acceso ós diferentes contidos.
Ide probando, e xa me contaredes...

martes, 29 de septiembre de 2009

MONICREQUEANDO: MOVE OS FÍOS DA LINGUA



Vaia título, verdade?
Pois así se chama a campaña da Editorial Galaxia para o programa de dinamización lingüística "Bocaberta" da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Que por que vos conto todo isto?
Pois porque o próximo día 8 de outubro van vir ó noso cole. A compañía MATAPIOLLOS porá en escena para todos e todas: "A REBELIÓN DO MONICREQUE".

Aquí podedes ver o tríptico da campaña: 1 e 2.

Ademais, coñeceremos ( os que non o coñezan xa) a "RATO PINCHO ou a verdadeira historia dos ourizos", unha historia de GLORIA SÁNCHEZ adaptada para monicreques.

Xa nos tarda que chegue o día...

martes, 1 de septiembre de 2009

XA EMPEZA OUTRO CURSO...

Hoxe, iniciamos un novo curso escolar. Despois das vacacións, que espero que aproveitárades para recargar as vosas pilas, imos quentando motores e preparándonos para disfrutar tod@s xuntos da nosa biblioteca e de todo o que ela nos vai ofrecer.
Estades preparados?
Pois veña, que xa falta pouco para vernos tod@s outra vez!!!

Ata moi pronto!!!

LIBROUCHO.

lunes, 17 de agosto de 2009

ABRE UN LIBRO

No blogue TRAFEGANDO RONSEIS, atopamos este video. Disfrutádeo.

viernes, 12 de junio de 2009

1ª SEMANA DA CIENCIA

Do 12 ó 19 de xuño, celebramos no centro a 1ª semana da ciencia. Haberá :
Exposicións: libros relacionados ca ciencia, coleccións, aparellos científicos,...
Rolda de experimentos,
Murais: grandes científicos, inventos, resolución de enigmas,...


Propostas para o alumnado:

1. Deseñar un invento orixinal e divertido no que apareza o seu debuxo, o nome que se lle daría e a súa utilidade xunto co nome do seu autor/a e o curso.

2. Escribir preguntas sobre cousas, animais, fenómenos,..., que lles interesen ou lles chamen a atención.


Esperamos que vos resulte interesante e vos animedes a participar. Ánimo!!

miércoles, 3 de junio de 2009

EXPOSICIÓN DE LIBROS NOVOS!!!

Durante esta semana, a entrada do colexio está "invadida" por libros novos...



lunes, 18 de mayo de 2009

3ª SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGAS

Como en anos anteriores comezamos hoxe a nosa celebración particular das letras galegas.
Aquí tedes o programa. Que o disfrutedes!!

LUNS 18:
Visita á exposición." Animais e plantas en perigo de extinción en Galicia"


Comezamos a elaborar o MAIO e unha sinxela alfombra de flores.

MARTES 19:
Visita á exposición: Murais do Día das letras galegas.
Rematamos a elaboración do MAIO.


Presentación: Arquitectura Popular no noso entorno.


MÉRCORES 20:
Taller de baile galego. Profesora do grupo " Airiños do Frade".

XOVES 21:
Os nosos artesáns:" O cardado da lá" por Fina Casal.

VENRES 23:
Entrega do Xornal Escolar "Xente Nova".
Festival poético-musical.
Exhibición folklórica a cargo do grupo local " Airiños do Frade".

lunes, 11 de mayo de 2009

O RAP DA LINGUA

Dende o blogue da BIBLIOTECA DO CEIP MESTRE MARTÍNEZ ALONSO chéganos este video do rap que o grupo MIGALLAS compuxo para que todos e todas nos animemos a falar en galego sen vergoña, sen medo...orgullosos e orgullosas de facelo. Disfrutádeo!!


jueves, 7 de mayo de 2009

GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Elaboramos unha sinxelas guías de uso da bibioteca escolar. Estes días os titores/as andan repartíndoas ós alumnos/as. Esperamos que vos sexan de utilidade. Xa sabedes que nos gusta recibir comentarios, así coñecemos as vosas opinións sobre o que imos facendo na biblio. Saúdos.

martes, 5 de mayo de 2009

BIBLIOTECA ESCOLAR DIGITAL

A través da páxina web das bibliotecas escolares de Galicia, nos chega información sobre unha ferramenta didáctica para profesorado, alumnos, pais, pedagogos e investigadores do mundo da educación. Foi posta en marcha pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
Esperamos que vos resulte interesante e útil.

lunes, 4 de mayo de 2009



Aquí tedes algúns enlaces nos que atopar información sobre RAMÓN PIÑEIRO



No CEIP Quintela de Moaña, elaboraron Power Point sobre Ramón Piñeiro, ó que podedes acceder pinchando aquí

lunes, 27 de abril de 2009

A NOSA EXPOSICIÓN

EDUCACIÓN INFANTIL - EDUCACIÓN PRIMARIA 1º CICLO



EDUCACIÓN PRIMARIA 2º CICLO - EDUCACIÓN PRIMARIA 3º CICLO

Así segue a entrada do noso cole... chea de libros!
E así disfrutamos con eles:

Calquer momento é bon para parar a botar un vistazo a todos estes libros: ó chegar á escola, antes de marchar, no recreo, nos cambios de clase,... Por iso a nosa entrada está estes días tan transitada.
A exposición, como habitualmente calquera outra similar, resultou ser un éxito, de feito temos pensado deixala durante toda esta semana, para que todos e todas a aproveitemos ó máximo. Ademais nun dos taboleiros temos os comentarios de cada un dos libros escollidos polos alumnos/as do 2º e 3º ciclo de primaria.
Grazas a tod@s por participar.
E seguide disfrutando ca lectura.

miércoles, 22 de abril de 2009

EXPOSICIÓN: "O MEU LIBRO FAVORITO"

Xa temos a entrada do cole preparada para a exposición: colocamos 5 mesas grandes (2 xuntas para Ed. Infantil, e 3 separadas, cada unha para un ciclo de E. Primaria). Despois do recreo xa casi non había sitio para mais libros!!. Pero, o mais emocionante foi ver como se paraban ó subir do recreo para velos.
Por certo, cunha visual rápida polos libros, podemos dicir que este curso GERÓNIMO STILTON é dos mais preferidos. Vainos quedar o colexio perfumado!!

lunes, 20 de abril de 2009

23 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

O 23 de abril é o día Internacional do Libro, e no noso centro, coma xa fixemos noutras ocasións imos organizar unha exposición sobre "O MEU LIBRO FAVORITO". Para isto, solicitamos a colaboración e participación de todo o alumnado do centro: cada neno/a ( e tamén os profes!!) traerá da súa casa un libro, o seu libro favorito. Cada libro deberá traer o nome do seu dono/a para evitar confusións (ás veces hai libros repetidos) e para facilitar a súa recollida ó remate da exposición.
Ademais o alumnado de 2º e 3º ciclo de E. Primaria, poderán incluír un comentario sinxeliño sobre por que ese é o seu libro favorito, a modo de recomendación para os futuros lectores.
Grazas a todos/as pola vosa colaboración.

domingo, 19 de abril de 2009

ENCONTROS DO PLAMBE

Os pasado 16 e 17 de abril, en Santiago de Compostela (Escola Galega de Administración Püblica, EGAP), tiveron lugar os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2008/2009, nos que nos reunimos os/as integrantes dos equipos de biblioteca daqueles centros que están incluídos neste programa da Consellería de Educación no actual curso 2008/2009.
Foron dous días moi intensos, escoitando a xente que ten moito que dicir no ámbito das bibliotecas.

sábado, 18 de abril de 2009




Estamos emocionadísimos!!!

Acabamos de recibir o premio " Olha que blog Maneiro" , que quere dicir algo así como: "Mira que blog tan creativo, tan bonito...".

Envióunolo Raioteca desde o cole de Andrade .Moitas grazas por este agasallo!!!.

Este premio ten as súas normas:
- Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
- Poñer o nome do blog que cho deu.
- Indicar os teus 10 blogs.
- Avisar aos indicados.
- Publicar as reglas.
- Comprobar que os blogs indicados sigan as reglas.
Nós pasamos o premio a:
http://animalesblogue.blogspot.com/
Noraboa a todos.

viernes, 3 de abril de 2009

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Hoxe, día 2 de abril conmemoramos o día Internacional do libro infantil

Yo soy el mundo, y el mundo soy yo,porque por medio de mis libros puedo ser lo que quiera.Palabras y dibujos, prosa y verso me trasladan a lugares que están cerca y a la vez lejos.En la tierra de los sultanes y del oro,mil historias que hablan sobre todo de alfombras voladoras, genios de lámparas maravillosas, ogresas y simbades, le cuentan sus secretos a Sherezada.Con cada palabra de cada página, viajo a través del espacio y del tiempo.Y sobre las alas de la fantasía, mi espíritu atraviesa tierra y mar.Cuanto más leo, más comprendo que con mi libro siempre estaré en la mejor de las compañías.

Hani D. El-Masri (http://www.hanielmasri.com/) nació en 1951 en el El Cairo, Egipto. Realizó sus primeros estudios en el colegio de los Jesuitas, y posteriormente en el Colegio de Bellas Artes de El Cairo. A los treinta y cinco años emigró a Estados Unidos. En 1990 ingresó en Walt Disney Imagineering donde trabajó como diseñador conceptual durante cinco años. En Imagineering, participó en proyectos como el Disneyland’s ToonTown, el Disneyland’s Critter Country de Tokio, el Museo Infantil de Baltimore, y el Arabian Coast del Tokyo Disney Seas. Desde 1995 se desempeñó como artista de desarrollo visual en las películas de animación El Príncipe de Egipto, La Ruta hacia El Dorado, Spirit: el corcel indomable, y Osmosis Jones.
Volvió a Egipto en 2005; donde se dedica a la realización de su propia versión para niños de Las mil y una noches en forma de libro. La Egyptian Board on Books for Young People (EBBY) lo premió con el Suzanne Mubarak Award como mejor ilustrador por su saga de Sherezada.
Traducción de Paula Sanz (Gentileza de IBBY).

lunes, 30 de marzo de 2009

LANDRAS E CARBALLOS



Despois de celebrar o día da árbore tan ben, e de que nos regalaran a cada un un carballo, que mellor que acompañalo ca lectura dun libro, sobre todo para os mais pequenos:

" XAIME E AS LANDRAS"
Tim Bowley, Inés Vilpi.
Ed Kalandraka. Vigo, 2005.

Nos temos pensado contárllelo ós nosos alumnos e alumnas de Ed. Infantil e 1º ciclo de E. Primaria, estes días.

jueves, 26 de marzo de 2009

DÍA DA ÁRBORE (21/3)

O venres, 27 de marzo os alumnos/as do CEIP Eladia Mariño de Cabanas, imos conmemorar o día da árbore. Para isto imos ir ó piñeiral da praia de A Magdalena prantar árbores e soltar pombas.

O alumnado de 5º e 6º curso recitarán o seguinte poema de Carmen Sarmiento Álvarez:

“AS NOSAS ÁRBORES”

I

Un carballo e un loureiro
na carballeira falaban,
e o loureiro ó velo triste
deste xeito o consolaba:

“ Forte e velliño carballo,
o das follas requintadas,
sempre será-lo patrucio
e o señor das nosas fragas.”

Árbores extrañas
non queremos, non,
Róubanno-lo sangue
e o corazón.

Buxos, bidueiras,
e choróns tamén,
xunto ós castiñeiros
imos a vencer.

E os paxaros piarán
cheirará a toxeira en flor,
e os rapaces medrarán
rodeados de verdor.

Máis azul o ceo será
brillará mais ledo o sol;
e Galicia espertará
nun alborexar de amor.



II

Un castiñeiro nun souto
cun piñeiro parolaba
e mensaxes de esperanza
un ó outro se pasaban.

“ A xente do noso pobo
nunca poderá esquecer:
o tesouro das castañas,
dos piñeiros o arrecer.

Árbores extrañas
nunca poderán
rematar connosco
neste noble chan.

Árbores enxebres
imos percurar
defende-la terra
defende-lo lar.

E os paxaros piarán
cheirará a toxeira en flor,
e os rapaces medrarán
rodeados de verdor.

Máis azul o ceo será
brillará mais ledo o sol;
e Galicia espertará
nun alborexar de amor.

(Este poema musicado foi premio Cantareliña en 1990)
Recollido do libro de Xosé Paz Fernández: “ Nas beiras do Eume” 2ª parte Cancioneiro Popular Eumés. Concello de Pontedeume.Pontedeume, 1998

martes, 24 de marzo de 2009

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Aquí tedes un enlace para unha " procura do tesouro" elaborada pola biblioteca do cole de Andrade de Pontedeume, para conmemorar o día internacional do libro: 23 de abril.
Animadevos a elaborar un cartel conmemorativo.
http://www.phpwebquest.org/wq25/caza/soporte_tablon_c.php?id_actividad=85787&id_pagina=1

lunes, 23 de marzo de 2009

A NOSA BIBLIOTECA

Así está quedando a nosa biblioteca:
Aínda que temos pouco espacio, tratamos de aproveitalo ó máximo...

BubbleShare: Share photos - Easy Photo Sharing

miércoles, 18 de marzo de 2009

DÍA DA POESÍA

O próximo sábado día 21, celebrarase o día da poesía.
Dende o blogue do ENL do Ceip. Milladoiro de Malpica, chéganos información doutro blogue que leva por título SON DE POETAS, e que resulta ser unha antoloxía da poesía galega musicada: nela podedes escoitar poemas galegos de tódolos tempos, dende Afonso X O Sabio (época medieval) ata outros mais actuais. Esperamos que vos guste.

ANO MUNDIAL DA ASTRONOMÍA

Dende o cole Condesa de Fenosa de Valdeorras nos chega este enlace para aprender e investigar sobre a astronomía. Ánimo.
http://centros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/astronomos/index.html

lunes, 16 de marzo de 2009

UN ILUSTRADOR: GUSTAVO OTERO





Nalgúns libros, as ilustracións son tan importantes ou mais ca o texto. Atopamos esta páxina dun ilustrador chamado Gustavo Otero, pinchade no debuxo, a ver se vos gusta.

lunes, 9 de marzo de 2009

GERÓNIMO STILTON XA ESTÁ CON NÓS!!



Logo de ter que esperar uns días, xa temos con nós a colección de libros de Gerónimo Stilton á vosa disposición na Biblioteca.

Ademais por se vos interesa, aquí tedes un enlace á páxina web, na que podedes atopar información e xogos.

http://spain.geronimostilton.com/

Un saúdo para todos e disfrutade das súas aventuras.

viernes, 6 de marzo de 2009

CONTACONTOS DE KALANDRAKA


O pasado mércores, día 4 de marzo, viñeron á nosa escola Pablo e Patricia: os "contacontos" de KALANDRAKA.
Todos os alumnos e alumnas de Educación infantil disfrutaron cos contos que nos traían preparados: