lunes, 30 de marzo de 2009

LANDRAS E CARBALLOS



Despois de celebrar o día da árbore tan ben, e de que nos regalaran a cada un un carballo, que mellor que acompañalo ca lectura dun libro, sobre todo para os mais pequenos:

" XAIME E AS LANDRAS"
Tim Bowley, Inés Vilpi.
Ed Kalandraka. Vigo, 2005.

Nos temos pensado contárllelo ós nosos alumnos e alumnas de Ed. Infantil e 1º ciclo de E. Primaria, estes días.

jueves, 26 de marzo de 2009

DÍA DA ÁRBORE (21/3)

O venres, 27 de marzo os alumnos/as do CEIP Eladia Mariño de Cabanas, imos conmemorar o día da árbore. Para isto imos ir ó piñeiral da praia de A Magdalena prantar árbores e soltar pombas.

O alumnado de 5º e 6º curso recitarán o seguinte poema de Carmen Sarmiento Álvarez:

“AS NOSAS ÁRBORES”

I

Un carballo e un loureiro
na carballeira falaban,
e o loureiro ó velo triste
deste xeito o consolaba:

“ Forte e velliño carballo,
o das follas requintadas,
sempre será-lo patrucio
e o señor das nosas fragas.”

Árbores extrañas
non queremos, non,
Róubanno-lo sangue
e o corazón.

Buxos, bidueiras,
e choróns tamén,
xunto ós castiñeiros
imos a vencer.

E os paxaros piarán
cheirará a toxeira en flor,
e os rapaces medrarán
rodeados de verdor.

Máis azul o ceo será
brillará mais ledo o sol;
e Galicia espertará
nun alborexar de amor.



II

Un castiñeiro nun souto
cun piñeiro parolaba
e mensaxes de esperanza
un ó outro se pasaban.

“ A xente do noso pobo
nunca poderá esquecer:
o tesouro das castañas,
dos piñeiros o arrecer.

Árbores extrañas
nunca poderán
rematar connosco
neste noble chan.

Árbores enxebres
imos percurar
defende-la terra
defende-lo lar.

E os paxaros piarán
cheirará a toxeira en flor,
e os rapaces medrarán
rodeados de verdor.

Máis azul o ceo será
brillará mais ledo o sol;
e Galicia espertará
nun alborexar de amor.

(Este poema musicado foi premio Cantareliña en 1990)
Recollido do libro de Xosé Paz Fernández: “ Nas beiras do Eume” 2ª parte Cancioneiro Popular Eumés. Concello de Pontedeume.Pontedeume, 1998

martes, 24 de marzo de 2009

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Aquí tedes un enlace para unha " procura do tesouro" elaborada pola biblioteca do cole de Andrade de Pontedeume, para conmemorar o día internacional do libro: 23 de abril.
Animadevos a elaborar un cartel conmemorativo.
http://www.phpwebquest.org/wq25/caza/soporte_tablon_c.php?id_actividad=85787&id_pagina=1

lunes, 23 de marzo de 2009

A NOSA BIBLIOTECA

Así está quedando a nosa biblioteca:
Aínda que temos pouco espacio, tratamos de aproveitalo ó máximo...

BubbleShare: Share photos - Easy Photo Sharing

miércoles, 18 de marzo de 2009

DÍA DA POESÍA

O próximo sábado día 21, celebrarase o día da poesía.
Dende o blogue do ENL do Ceip. Milladoiro de Malpica, chéganos información doutro blogue que leva por título SON DE POETAS, e que resulta ser unha antoloxía da poesía galega musicada: nela podedes escoitar poemas galegos de tódolos tempos, dende Afonso X O Sabio (época medieval) ata outros mais actuais. Esperamos que vos guste.

ANO MUNDIAL DA ASTRONOMÍA

Dende o cole Condesa de Fenosa de Valdeorras nos chega este enlace para aprender e investigar sobre a astronomía. Ánimo.
http://centros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/astronomos/index.html

lunes, 16 de marzo de 2009

UN ILUSTRADOR: GUSTAVO OTERO





Nalgúns libros, as ilustracións son tan importantes ou mais ca o texto. Atopamos esta páxina dun ilustrador chamado Gustavo Otero, pinchade no debuxo, a ver se vos gusta.

lunes, 9 de marzo de 2009

GERÓNIMO STILTON XA ESTÁ CON NÓS!!



Logo de ter que esperar uns días, xa temos con nós a colección de libros de Gerónimo Stilton á vosa disposición na Biblioteca.

Ademais por se vos interesa, aquí tedes un enlace á páxina web, na que podedes atopar información e xogos.

http://spain.geronimostilton.com/

Un saúdo para todos e disfrutade das súas aventuras.

viernes, 6 de marzo de 2009

CONTACONTOS DE KALANDRAKA


O pasado mércores, día 4 de marzo, viñeron á nosa escola Pablo e Patricia: os "contacontos" de KALANDRAKA.
Todos os alumnos e alumnas de Educación infantil disfrutaron cos contos que nos traían preparados: