miércoles, 28 de octubre de 2009

NOVAS LECTURAS, NOVOS LECTORES


Este foi o título xeral das XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA 2009, que se celebraron os días 23 e 24 en Santiago de Compostela, no Pazo de Congresos. Asistimos arredor de 1200 persoas, relacionadas dunha ou outra forma cas Bibliotecas Escolares. Foi unha oportunidade que nos brindan desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares, para achegarnos e escoitar unhas conferencias que sempre resultan interesantes e impartidas por xente de moita valía, como Daniel Cassany, Glòria Durban, Tíscar Lara, Guadalupe Jover e Luís Iza. Cada un deles aportou, desde a súa perspectiva, información valiosa para o noso traballo. Parabéns a todos eles, e por suposto aos organizadores/as das Xornadas. Grazas a todos/as , e especialmente a Pilar e Cristina, que sempre están aí.

Ademais, por se queremos volver a escoitar a algún dos ponentes, xa subiron a RedeBe os materiais e os vídeos das Xornadas.

miércoles, 21 de octubre de 2009

VOLVE CHIRLO MERLO!!

Que alegría acabamos de levar!!

Co ben que o temos pasado escoitando e vendo os contos de Chirlo Merlo!!

Pois aquí tedes un enlace que a moitos vos vai gustar e no que seguramente irán aparecendo moitos dos personaxes dos contos. Disfrutádeos!!

viernes, 9 de octubre de 2009

COMO MOLA SER MONICREQUE!!!

Como xa vos comentamos nunha entrada anterior,onte, 8 de outubro, tivemos a sorte de poder disfrutar no cole dunha actuación xenial.

O grupo MATAPIOLLOS representou para nós:


"A REBELIÓN DO MONICREQUE"

(A historia é a duns monicreques chamados TRAPOS e ANTEOLLOS. Un deles non estaba moi contento de ser monicreque... )


Aquí tedes algunhas fotos. Esperamos que vos gusten!!!

jueves, 1 de octubre de 2009

NOVOS CARNETS DA BIBLIOTECA!!!


Xa casi están listos!

Cada clase os ten dunha cor diferente. Fixémolos un pouquiño grandes para que tamén nos sirvan de marcapáxinas.
Ademais de aparecer o moucho Libroucho, aparece o nome de cada un dos nenos/as e un número.
O catálogo dos libros que temos na nosa biblioteca está publicado no PROGRAMA MEIGA, ó que podedes acceder pinchando no seu nome, ou ben, pinchando na imaxe que hai na parte superior do blogue, á dereita.
Este programa permítenos, ademais, acceder a unha serie de recursos electrónicos, para os que necesitamos empregar o noso nome e o número do noso carnet.
Logo de entrar no Programa, na columna da esquerda, baixando, hai un apartado que di Recursos web, e debaixo del un que dí Recursos electrónicos. Si pinchamos neste, accedemos a unha serie de enciclopedias e enlaces que vos poden resultar interesantes.
Para permitirvos entrar pídevos que escribades:
Código de usuario: ( escribides o número do voso carnet)
Contrasinal: (escribides o voso nome)
Agora, xa tedes acceso ós diferentes contidos.
Ide probando, e xa me contaredes...