domingo, 28 de febrero de 2010

AFORRANDO ENERXÍA

Acaba de chegar ó noso colexio unha exposición ( organizada polo colectivo LAPIS VERDE) con 15 paneis informativos, sobre o aforro enerxético e sobre como podemos contribuir a frear o cambio climático. Estes paneis están ilustrados por LEANDRO LAMAS. Recordádelo?. É o ilustrador dalgúns contos que nos gustan, como por exemplo:
A exposición estará no noso centro ata o día 8 de marzo.

CONTACONTOS DE KALANDRAKA


O mércores, 24 de febreiro, recibimos a visita de Patricia e Pablo: os contacontos de Kalandraka. Pasámolo moi ben escoitando os seus contos:
Tamén aproveitamos para felicitar a Pablo polo seu libro-disco, do que xa vos falamos nas lecturas de Libroucho: "TIC TAC".
O pasado venres, día 19 presentouno na FNAC de A Coruña. Deixámosvos aquí un dos videos dese día. Disfrutádeo!!

lunes, 15 de febrero de 2010

NORMA Nº 3





PISTAS:
- Podes consultar nun diccionario de galego, de castelán, de rumano,...
- Podes consultar a través destes enlaces:



viernes, 5 de febrero de 2010

ATENCIÓN: CHEGA O ENTROIDO!!


Sí, sí, ..., xa falta pouco para que chegue o ENTROIDO!!
Por iso, esta semana non vai haber norma do concurso
"Con Libroucho aprendemos".
Tedes que estar atentos, porque a partires do luns,
día 8, o MECO do noso cole
nos vai ir dando consignas,
para poñernos guapos durante toda a semana.
Además eu vou aproveitar para viaxar un pouco.
Sí, marcho de viaxe: vou percorrer algunhas das terras
mais Entroidas de Galicia. Aquí vos deixo uns enlaces
para que visitedes "virtualmente" algunhas.

 VERÍN                LAZA             SALCEDO





De seguro que vós coñecedes moitas mais. Así que ánimo,
deixademe os vosos comentarios ou suxerencias,
que as atenderei encantado.

LIBROUCHO.

lunes, 1 de febrero de 2010

CONCURSO: CON LIBROUCHO APRENDEMOS.NORMA Nº 2

(Se queres saber mais sobre este concurso, busca na barra da dereita, e atoparás as normas xerais e cada unha das normas que vaian saíndo)