jueves, 27 de mayo de 2010

XORNADA DE BENVIDA PARA OS ALUMNOS NOVOS

Hoxe, tivemos unha xornada especial...
Recibimos, no colexio, aos nenos e nenas que van vir para a aula de Educación Infantil de 3 anos o próximo curso. Viñeron, claro está cos seus pais, nais ou avós. Ademais de percorrer as instalacións do centro, estiveron na aula de 3 anos ( a súa, o curso que vén) e alí tiveron a sorte de que os nenos e nenas de 5 anos representaron para eles un conto: "A RATIÑA PRESUMIDA".
Aquí tedes as fotos:
!


Dende aquí lles queremos dar un forte aplauso a ANDREA B., PELAYO, ÁNGEL, LAURA, SARA, ANDREA G., ANTÓN, HUGO e ALONSO, porque o fixeron moi ben

lunes, 24 de mayo de 2010

XENTE NOVA

O pasado venres, repartimos, a todo o alumnado do centro, o nº 22 da nosa revista:

Se queredes acceder ao seu contido, pinchade neste enlace: "XENTE NOVA" Nº 22

viernes, 21 de mayo de 2010

4º... E ÚLTIMO DÍA...

Para rematar esta semana tan...ocupada, que menos que un Festival?
- Para empezar, o grupo "Airiños de Frade" amenizounos cas súas músicas e bailes,...,


- Logo uns alumnos de 5º curso, escenificaron unha sinxeliña situación: a unha oficiña de obxetos perdidos chega unha rapaza por ter perdido a súa lingua...
- Todo o alumnado de 5º curso, interpretou unha canción con moito ritmo...
- E por último, alumnos e alumnas do 3º curso de EP, recitaron unhas poesías de Uxíonovoneyra.

                                

E así, damos por finalizada a nosa IV Semana Cultural das Letras Galegas. Ata a próxima!!

jueves, 20 de mayo de 2010

3º DÍA DA SEMANA CULTURAL


2º EP 1º EP


EI 4 e 5 anos EI 3 anos

Hoxe, o alumnado de EI, e do 1º ciclo de EP, estiveron na aula de psicomotricidade con ANA, unha antiga alumna do centro e que forma parte do grupo de baile: "AIRIÑOS DE FRADE". Ana, ensinoulles diferentes instrumentos e como con eles se pode facer música...
Dende aquí, queremos agradecerlle a Ana o bo rato que nos fixo pasar a todos e as cousas que aprendimos.

miércoles, 19 de mayo de 2010

2º DÍA DA SEMANA CULTURAL

Actividades para todos os gustos:
- O alumnado de Educación Infantil, visitou a exposición da AA.VV. Olmo de Pontedeume, que ademais de invitarnos, nos agasallou cun lote de libros, que recolleron Laura e Antón de 5 anos de mans de Salvador Fernández Moreda, presidente da Deputación de A Coruña.

- O alumnado de 1º, 2º , 3º e 4º de Educación Primaria, asisitiron no comedor do centro a un obradoiro no que Isaura lles explicou e ensinou como se fai un queixo.

- O alumnado do 3º ciclo, iniciouse na elaboración de cestos. Axudoulles e explicoulles todo o proceso Rosa. Aquí tedes os alumnos e alumnas de 6º cas súas obras de arte.


martes, 18 de mayo de 2010

1º DÍA DA SEMANA CULTURAL

Hoxe o alumnado de Educación Infantil, e do 1º ciclo de Educación Primaria adornou o colexio cun maio e cunha alfombra de flores.




Despois do recreo, fomos todos pasear o maio ata o pavillón. Alí os nenos e nenas do 1º ciclo cantaron unha canción:

"... levántate maio que tanto durmiche, pasou o inverno e ti non o viche..."

A tradición dos maios é moi antiga, aquí vos mostramos neste video fotos de fai tempo que nos ilustran a canción "Aí ven o maio..." interpretada por Luís Emilio Batallán.



Logo fomos á aula de psicomotricidade para ver unha presentación en Power Point que preparamos no centro, e que levaba por título: "O lugar onde vivimos". Fai unhas semanas, lles mandamos a todos os alumnos e alumnas do colexio unha nota para que dende as súas casas colaboraran connosco enviándonos fotos do lugar onde viven, e de aqueles elementos do contorno que consideraran interesantes. Foron chegando diferentes fotografías e con elas preparamos a presentación. Pretende ser o inicio dunha actividade a desenrolar durante próximos cursos ca intención de que o alumnado coñeza o seu entorno mais próximo, se interese por el e o valore.

Aquí vos deixamos ca parte xeral da presentación, a que nos explica onde estamos situados e cales son as diferentes parroquias que conformas o noso Concello. Esperamos que vos guste.

jueves, 13 de mayo de 2010

O PARRULO FEO

Hoxe desfrutamos todo o alumnado do cole dunha xenial sesión de títeres. Xan Pérez, da compañía TRES GLOBOS, ( que xa estivera noutras ocasións no noso centro, cas obras: "PEDRO E O LOBO", e "O SAPO ENCANTADO") deleitounos ca obra "O PARRULO FEO".

Aquí vos deixamos unhas fotos:


miércoles, 12 de mayo de 2010

IV SEMANA CULTURAL LETRAS GALEGAS 2010

Aquí vos deixo o díptico informativo da nosa, xa!!, IV Semana Cultural, (este curso reducida a catro días polo festivo). Xa vos iremos contando e ilustrando as diferentes actividades...




lunes, 10 de mayo de 2010

UXÍO...

Seguimos recibindo traballos marabillosos doutras bibliotecas...
Este chega dende O SEGREL DO PENEDO, do IES de FENE, aínda que preparada esta presentación pola Biblioteca Do CEIP MILLADOIRO DE MALPICA.
E aquí a Escolma poética que elaboraron tamén no SEGREL DO PENEDO...


Dende o IES de ARZÚA, chega esta homenaxe a UXÍO NOVONEYRA a través da flora do Caurel...



E aquí, desde o CPI O PROGRESO, frases de Uxío ...

Desde aquí, queremos felicitar a todos os centros que participan elaborando todos istes materiais. E sobre todo, grazas por compartilos.